'O sole mio', meu sol
Cabada Castro, Manuel - lunes, 17 de agosto de 2026
(Eclipse solar, A Coruña, 12 agosto 2026)
'O sole mio', meu sol,
ben che van tapar a cara
pra a soneca túa amada
á vista de todos nós.
Mais o que tes que facer
é o que sempre ti fixeches.
Non me sexas mequetrefe
nin te burles a pracer.
E ti, lúa, de aí vaite,
pois non deixas ver o sol.
Que eu xa teño un parasol
pra albiscalo se me prace.
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora