Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser é moito máis que ter

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de agosto de 2026
¿A QUEN NON LLE GUSTARÍA?
-Ser guapo.
-Ser rico.
-Ter amigos importantes.
-Ter ropa e calzado de marca.
-Vivir nun un pazo.
-Disfrutar dun coche de alta gama.
-Ter un chalet como segunda residencia.
-Levar unha vida de luxo...
Etc, etc.
AS APARIENCIAS ENGANAN
-NON SÓ SOMOS GUAPOS, SOMOS CRIATURAS DIVINAS
incluso ás máis feas, porque todas somos creadas a imaxe e semellanza de Deus.
A auténtica beleza é interna: un corazón bondadoso e xeneroso fan ver moi belas as persoas que o posúen.
-NON SOMOS POBRES AÍNDA QUE TEÑAMOS QUE ESTIRA-LOS CARTOS PARA CHEGAR A FIN DE MES con tal de que sexamos persoas de ben.
Pobres son os que están podres de cartos porque a súa avaricia non ten límite.
Pobres son os que pensan que con cartos poden comprar amor, amistade, xenerosidade, humildade, bondade...
Pobres son aquelas persoas que por non ter, non teñen máis que cartos, pero nin os disfrutan eles nin os comparten con outros.
OS AMIGOS IMPORTANTES SON AQUELES ÓS QUE LLES IMPORTAMOS.
Aquelas persoas:
-Que nos escoitan cando necesitas comunicarnos.
-Que nos comprenden porque poden poñerse no noso aínda que non lles resulte cómodo.
-Que nos apoian incondicionalmente, cando ven que o precisamos.
-Que nos ofrecen o seu cariño e trátannos como se fóramos da súa casa.
-Que nos defenden ante as inxustizas.
-Que nose visitan e se interesan por nós na enfermidade.
-Que están ás duras e ás maduras: sempre ó pé do canón.
A FUNCIÓN DA ROUPA É PROTEXE DO FRÍO E DA CALOR independentemente da marca que leve.
A marca é o de menos.
A todos nos pasa que nos encontramos ben cunha prenda que non é nin a máis cara nin a que está máis de moda, sencillamente é aquela na que nos sentimos cómodos.
O MELLOR CALZADO é aquel que vaia ben coa morfoloxñia do noso pé; porque sobre os pés descansa todo o peso de noso corpo ó longo de toda unha vida.
TODOS NOS SENTIMOS COMO NUN PAZO cando chegamos cansos e podemos descansar pracidamente no noso fogar independientemente que sexa máis os menos humilde.
Se ten os servizos básicos tanto para e saúde como para a enfermidade, ten suficiente.
O malo sería ter que dormir a intemperie como lle pasa a moitos indixentes ou ás victimas dunha desgracia.
¡Pobres!
O AUTOMÓBIL É UNHA FERRAMENTA MOI ÚTIL:
Hoxe en día todosos coches veñen moi ben equipados.
Fannos moito servizo.
Os mellores son os que se adaptan ás necesidades de cada un.
Afortunados somos os que podemos disfrutalos.
Hai persoas que non poden por diversas razóns.
A SEGUNDA RESIDENCIA NON É UNHA NECESIDADE
Necesidade é ter onde vivir cada día.
¡Ogallá poideran emanciparse todas aquelas persoas que están en idade de fecelo!
Temos máis cartos que nunca, pero as necesidades tamén son maiores e a moitas persoas resúltalles difícil comprar ou alugar onde vivir.
A AUTÉNTICA VIDA DE LUXO CONSISITE EN:
Ter saúde.
-Un bocado de pan para levar á boca.
-E moita paz interior.
Así é como viven as persoas máis felices.
"O RESTO É SECUNDARIO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súas consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES