Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sucedeu en Redes

Rubia, Xoan - lunes, 17 de agosto de 2026
Hai cousas que parecen mentira pero algúns feitos devólvenos á crúa realidade. Vexamos: o outro día unha boa amiga decidiu achegarse a Redes, un lugar de Ferrolterra preto da vila de Ares ao que lle gusta ir. Leva xa unha longa tempada con mobilidade reducida e recorreu ao taxi como medio de transporte. Polo visto había unha festa conmemorativa na localidade e atopouse cunha barreira que impedía o paso Sucedeu en Redes do coche cara o molle. - Síntoo, non pode pasar, díxolle unha muller que levaba camisa branca e un pano azul no pescozo (posiblemente alguén da comisión organizadora). - Mire, veño nun taxi e só vaime deixar no molle: o meu propósito e chegar ata aí. - Teño dificultade para desprazarme, comentoulle a miña amiga. - Espere, que vou preguntar. Logo dun tempo apareceu e dixo: Vale, poden pasar! e moveu a barreira. Cando o taxista volveu máis tarde a recollela atopouse co mesmo problema, esta vez eran dous homes coa mesma vestimenta e os mesmos argumentos: que si non pode pasar, que non pode ser, que se está estorbando, que se isto e o outro... Con todo semellaba que os que estaban atrancando eran eles coa súa actitude, tanto que o taxista lles dixo: - Ollo que mañá podedes ser vos os que os vexades así e xa veríamos como vos sentiríades. ho!

Esta foi a situación e sobre isto debemos reflexionar. Imos ver: impedirlle o paso a un taxi que transporta a una persoa con mobilidade reducida é un caso flagrante de desconsideración e falta total de empatía e axudacara a outro ser humano con dificultades. O normal sería que alí estivera a policía municipal co gallo de xestionar unhas situacións que outros son incapaces de solucionar, cousa que se consigue sinxelamente aplicando o sentido común e a capacidade que todo ser humano debe ter para tomar decisións por si mesmo diante dunha situación como a vivida pola miña amiga. O mesmo sería oportuno que os intransixentes metéranse nos zapatos da xente con dificultades de mobilidade e non condenar á xente con motilidade reducida a que se quede na casa. Están os dereitos da troula e de quen a organiza por riba dos dereitos das persoas con problemas físicos? Todo isto e algo que nos debera levar a cavilar sobre a malevolencia dalgúns comportamentos e ir na procura de non ofender con certas actitudes que amosan un flagrante fracaso como persoas aos que as incitan. Pois tal como volo conto, sucedeu en Redes.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES