Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aviso a todas as persoas das nosas parroquias

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 17 de agosto de 2026
Ante os comentarios e avisos recibidos de varias persoas sobre posibles intentos de entrar a roubar en distintos lugares, quero facer un chamamento a todos os fieis para que extremeemos as precaucións, especialmente as persoas maiores que viven soas.

👀 Se vedes a algunha persoa descoñecida a rondar polas casas ou a preguntar por algún veciño, estade atentos. Non facilitedes información sobre se unha persoa está na casa, a que hora sae, cando volve ou se permanece soa.

🏠 Se alguén pregunta por un veciño que non está, non debemos darlle información sobre os seus horarios nin sobre os seus costumes. Se preguntan por nós mesmos, é recomendable indicar que estamos acompañados, aínda que non o esteamos, e nunca proporcionar datos que poidan facilitar un roubo ou, peor aínda, poñer en risco a integridade dunha persoa.

🤝 A mellor protección é a colaboración entre veciños. Se coñecemos ás persoas que viven preto, poderemos detectar antes calquera situación estraña e avisarnos mutuamente.

📞 Ante unha situación sospeitosa, non vos enfrontedes nin vos poñades en perigo.
Avisade a un familiar, aos veciños ou ás Forzas e Corpos de Seguridade.

Coidémonos entre todos. Especialmente dos nosos maiores e de quen vive só.
A prevención e a solidariedade veciñal poden evitar situacións moi graves.

🙏 Por favor, compartide este aviso con familiares, veciños e especialmente coas persoas maiores.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES