Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aminatou Haidar, exemplo de dignidade

miércoles, 23 de diciembre de 2009
As contradicións son tan grandes no que lle chamamos Occidente “democrático” que, a maioría da sociedade vai por un camiño e os gobernantes por outro e cada vez a distancia é moito máis longa. Os exemplos son desalentadores. No Parlamento Europeo, hai uns días cométese un acto antidemocrático no apoio a Aminatou Haidar, non último intre trocaron ese apoio cun manifesto de “boas intencións” por parte dos grupos neoliberais e socialdemócratas. Con iso as súas conciencias quedaron tranquilas, durmiron a perna solta, ao día seguinte a falar dos mercadores e os seus corruptos negocios.

O acontecido na “Cumbre de Copenhague” onde xe está a xogar, xa non a sociedade onde viviríamos, senón si o ser humano sobrevivirá. Cometeron o acto máis vergoñoso e antidemocrático que nos podemos votar á cara. Votaron abaixo o informe dos expertos de dous anos de traballo, por outro que a maioría dos xefes de estado nin coñecían nese intre. Chegou o Emperador César (Obama) pronunciando un discurso demagóxico, cheo de ambigüidades que non implicaba ningún compromiso vinculante, e alí rematou a festa. Non falemos da brutal represión contra os manifestantes pacíficos, onde alucinei con luces de cores. Quedo cunha pintada que fixeron os manifestantes “...O problema do cambio climático resolvese co cambio de sistema...”. Razón non lles falta.

Porén, aínda temos esperanza, aínda temos esa luz sen fronteiras cando ollamos e sentimos estes últimos 32 días no aeroporto “turístico” de Arrecife a referencia da dignidade humana encarnada na Señora Aminatou Haidar. A súa conciencia, o seu dereito aglutinou hermanando a milleiros de persoas do planeta. Acadou cantarlle á paz demostrándolle a eses gobernantes de Occidente que neste mundo temos outras vías, que outro mundo é posible. Xamais en varias décadas (desde Gandhi) unha muller acadou volver tolos a estes amos da guerra. Deunos unha lección de humildade a este corrupto primeiro mundo deixando ao descuberto todo aquilo de valores éticos que tiñamos perdido hai tempo. Deixou en evidencia a estes “gobernantes de postal” coas súas hipocrisías, o fedor da corrupción, de contrabando de palabras e falsos argumentos do “Dereito Internacional” inventado para só calar bocas.

Da mágoa darse conta que esa Carta dos Dereitos Humanos está tan manchada de intereses bastardos, de sangue como económicos. Dáme noxo o formar parte dunha Europa en especial España, onde gobernan unha cuadrilla de covardes e bandidos corruptos.

Parabéns Señora Haidar. Ti servíchesnos de exemplo de loita, persistencia, determinación e dignidade nesta sociedade española onde farían falta tantos exemplos como o teu.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES