Escoitémo-la natureza
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de agosto de 2026
Esta época do ano, préstase para saír ó campo e observa-la nai natureza.
Por pouco que observémo-lo entorno natural, comprobamos que se producen cambios moi bruscos nunha soa xeración.
De tal xeito que escoitamos ós nosos maiores dicir:
-Que había regatos por todas partes e agora só queda o sitio.
-Que onde había terreos cultivados, agora están a barbeito ou a monte, vítimas de incendios e inundacións.
-Que os incendios seguidos de choivas torrenciais, asolan paisaxes que noutrora eran terreos moi productivos.
-Que as praias estaban cheas de cunchas e agora atopar unha xa é noticia.
-Que se podía beber en calquera sitio dicindo: "auga corrente, non mata á xente".
Agora a auga escasea e moitas veces encontrámonos coa advertenza: "auga non potable".
-Que se oían cantar os grilos nos días de verán e agora é moi raro escoitar un.
-Que as volvoretas revolteaban por todas partes e agora moi poucas se ven.
As que si abundan son as velutinas que causan moitos males: incluso ingresos hospitalarios.
-Que onde se semenaba trigo, centeo e aveas, agora abundan os cultivos para forraxe.
-Que abundaban as xoaniñas coas que se divertían as crianzas cando se lles pousaban na man, dicindo:
"Rei rei... ¿cantos anos durarei?
Vintecinco, non o sei...
E poñíanse a contar: 1, 2, 3... Ata que a xoaniña se votaba a voar.
E se alzamos un pouco a mirada: inundacións, tsunamis, terremotos, fenómenos meteolrolóxicos adversos, subida das temperaturas que incluso provacan mortes...
¿QUÉ PASARÁ SE SEGUIMOS ASÍ?
Estamos recibindo avisos...
Algo indesexado está pasando.
As xeracións presentes viven tan ensimismadas nas redes que non observan a realidade.
Falla a comunicación interxeracional e vivimos nun mundo no que todo é présa.
Todo "aquí e todo agora".
Non nos paramos a pensar que todo ten un proceso de maduración e que:
-O que recibimos hoxe é froito esforzo dos nosos antepasados.
-O que facemos agora, recibirano os nosos sucesores.
Se esgotamos os recursos naturais...
¿De que vivirán?
CÓMPRE TOMAR MEDIDAS
Os gobernantes, tanto a nivel local como mundial, avísannos do que está a suceder e das medidas que debemos tomar; pero cada persoa a nivel particular debe tamén responsabilizarse de que:
Estamos derrochando recursos.
Estamos demasiado materializados.
O consumismo e o materialismo escravízannos de tal xeito que nos fan insaciables.
Sempre queremos maís,
Sempre pedimos máis a nai natureza.
Pero os recusos naturais teñen un límite.
Hai suficientes para alimentar a toda a humanidade, se os sabemos administrar; o malo son os desequilibrios.
O 20% da humanidade consumimos o 80% dos recursos.
O resultado é que que o 80% pásao mal mentres que o 20 % ten de sobra.
MEDIDAS DOMÉSTICAS
Somos os cidadáns de a pé os que maior conciencia temos desta situación desequilibrada.
Non é que poidamos facer moito; pero os pequenos detalles tamén suman.
Se educamos á xete nova nos pequenos detalles, serán eles os que nos construan esa melloría que tanto ansiamos.
A xente nova xoga un papel moi importante.
Nela descansa o futuro.
-Educar para a paz de modo que as guerras non destruan nun momento o que levou séculos construir.
-Educar para compartir con xenerosidade o que recibimos.
-Educar na fraternidade porque todos somos de carne e óso.
-Educar para respectar a vida humana, a animal e a vexetal.
-Educar para respectar o entorno no que vivimos.
Se cada un coida a súa parcela paricular, todas estarán coidadas.
Educar para ser persoas de ben porque:
"SER É MOITO MÁIS QUE TER"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas porterme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora