Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 11 de agosto de 2026
A ditadura da calor

Maldita calor! Desde as once da mañá, pechado na casa. E con todo o que significa para min saír ou non saír. Se non saio, cáeme a casa enriba. O día lembroume, por momentos, aqueles malditos días do encerro pola Covid. Nin sequera valeu de moito ler ou fochicar no ordenador: os minutos facíanse interminables e as horas, eternas.
Saín, por fin, ás nove da noite. E... maldita xente! Quixen parar na terraza da cafetaría de sempre, pero foi imposible: estaba ata os topes. Tiven que seguir ata outra, onde apenas quedaba unha mesa libre. Lanceime a por ela coma un poseso, coma un energúmeno, coma un endemoñado. Non fose o demo que alguén daquela maldita xente ma arrebatase diante dos fociños.
Empezo a recoñecer que o encerro me está afectando. Noto a adrenalina a remexer nas miñas ideas, e os pensamentos avanzan cara á destrución... do que sexa: da calor, do sol, da casa e, como non, da xente. Desa xente que parece non ter consideración ningunha. Acaso non lles transmite o meu rostro a impotencia e a carraxe de quen leva todo un día encerrado? Deixarme sen mesa... Agora mesmo síntome coma un can rabioso.
Pero, claro, como ía saír antes se aínda ás nove e media da noite hai trinta graos? Se saio ás catro da tarde -como máis ou menos fago sempre-, dáme tal insolación que quedo no camiño, no atallo coma un ovo fritido. E, porén, case o prefiro. Antes iso ca deixar que a casa me esmague. Xa mo dicía miña nai: "Ai, neno, a casa non cae enriba de ti". Pois eu sigo tendo medo a morrer esmagado. Case mellor facelo dun golpe de calor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES