Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caixavigo e Caixacoruña

martes, 22 de diciembre de 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamou a súa oposición rotunda a fusión das dúas caixas de aforros galegas temendo que a súa cidade resulte trementamente perxudicada na operación. E declarou que a cidade nunca consentiría perder Caixavigo.

Non é probable que se trate dun lapsus por parte do alcalde vigués, xa que hai anos e anos que naceu Caixanova da fusión entre Caixa Vigo e Caixa Ourense para dar lugar a unha nova entidade que se supón xa non pertence a unha cidade senón que ten ámbito galego e ten o deber de atender por igual alomenos ás cidades de Galicia de onde proceden os elementos que a forman. Ou sexa, que Caixavigo pasou a mellor vida hai moito para dar nacemento a Caixanova. Pero non, para o Alcalde vigués, Caixavigo segue viva. E seguro que ten razón.

Do mesmo xeito cando a Caixa de Aforros da Coruña e Lugo absorbeu á Caixa de Aforros Provincial de Lugo, promovida pola Deputación Provincial lucense, pasou a chamarse Caixa Galicia, entendendo que a unión permitía unha acción global, e a nova Caixa atendería por igual as cidades e provincias da Coruña e de Lugo.

Como o Alcalde vigués acaba de proclamar, nunca é o mesmo, e calquera unión, fusión ou absorción trae consigo un corremento do poder, un deslizamento hacia un determinado lugar das áreas de influencia. E todos somos conscientes de que cando Caixa Vigo absorbeu Caixa Ourense o poder económico de Vigo medrou e o de Ourense subordinouse, do mesmo xeito que cando a da Coruña absorbeu a de Lugo, a provincia de Lugo foi máis dependente que cando tiña entidade propia.

Esa é a realidade -fusións futuras apartes- das entidades galegas que seguen a ser locais e fomentan o localismo. E por eso Vigo se resiste á fusión para non quedar subordinada á Coruña na nova entidade que se forme.

O difícil que está resultando esta fusión evidencia que hoxe en día as condicións de unións producidas hai tempo podían ser moi diferentes. E que pouco importa o nome e a publicidade que se lle dea. Podemos considerar que Caixanova e Caixagalicia estanse comportando como Caixavigo e Caixacoruña, e así é máis difícil xogar. E, desde logo, o alcalde vigués non pode ser árbitro neste xogo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES