Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dependencia

lunes, 21 de diciembre de 2009
De repente, un día, un fallo no sistema e toda a nosa organización familiar corre perigo. De repente, un día, hai unha previsión de temporal en todo Galicia, e a Consellería de Educación decide dun día para outro suspender as clases de todo o ensino non universitario. E créase un bo problema, cos rapaces na casa, os pais traballando fóra, e sen solución alternativa para o envío dos rapaces ós colexios onde se ocuparán deles durante toda a xornada.

A situación de normalidade está prevista cando un ou os dous responsables familiares levan ós rapaces ó correspondente colexio antes de dirixirse ós seus traballos. Todo funciona como un reloxio: os fogares poden disfrutar de dous postos de traballo remunerados, e os nenos están perfectamente atendidos mentras reciben a ensinanza correspondente á súa idade e nivel.

Pero unha situación como a que se orixinou hai uns días, que só de tarde en tarde acontece, racha con esquemas e organización e impón solucións de emerxencia.
E aí entran en escena os avós, que cada día teñen máis importante papel na atención e educación dos nenos.

Os avós teñen máis tempo que os pais, xa que de ordinario disfrutan da súa xubilación. Por outra parte, son relativamente máis novos que os das xeneracións anteriores, xa que no modelo de vida actual e a duración previsible de esta, sesenta e cinco anos corresponden á flor da vida. E, finalmente, apréciase que ó ser máis novos e ter a súa situación vital asegurada, teñen mellor xenio e disposición para facerse cargo temporalmente ou de xeito máis continuado duns netos que veñen darlle un novo sentido á súa vida.

¿Quen nos ía dicir a estas alturas sociais que a fraxilidade do sistema que organizamos ía orixinar dependencias momentáneas ou continuadas doutras persoas que completarían o papel dos pais na educación dos fillos e na organización do fogar?.

Sempre, os avós volcados nos netos. Sempre, por vocación e dedicación. Pero agora, ademáis, por absoluta necesidade que os convirte –tamén na realidade de cada día- en elementos imprescindibles na organización familiar que solucionan problemas que doutro xeito serían irresolubles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES