Os Milagres existen
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 06 de agosto de 2026
Todos temos vivido experiencias que parecían imposibles.
Situacións que, se non é por intervención divina, non se terían producido.
Pois ben, nestes tempos tan incertos que nos toca vivir, necesitamos milagres para correxir certos desvíos...
Necesitamos a axuda do Alto para que as "augas volvan ós seus cauces" e poidamos ofrecer ás xeracións futuras un legado baseado en principios e valores universais de convivencia e fraternidade.
¿QUÉ PODEREMOS FACER?
-PARA CREAR FAMILIAS ESTABLES.
Que fundar unha familia supoña crear un ambiente de amor no que tódolos membros poidan apoiarse.
*ONDE se aprenda a perdoar os fallos mutuamente.
*ONDE se saiban renunciar ós caprichos do ego en favor da paz.
*ONDE os fillos sexan queridos, aceptados e criados nun ambiente saudable no sentido amplo da palabra.
*ONDE se saquen tempo de onde sexa para facer vida en común.
*ONDE se poidan comunicar con plena confianza tódolos sentimientos que afloren no corazón dos seus membros.
*ONDE se leve unha vida moderada e sencilla.
*ONDE ós avós non lles falten coidados na súa ancianidade.
*ONDE a familia volva a ser unha familia e non unha fonda.
-EDUCACIÓN AXEITADA PARA A XENTE NOVA.
Co cariño e as atencións necesarias para o seu crecemento físico, mental e espiritual.
*APRENDENDO os deberes propios dun fillo con relación ós seus proxenitoes: obediencia, respecto e cariño.
*APRENDENDO a compartir con outras persoas, para desterrar o egoísmo propio.
*APRENDENDO a desenrolar tódalas súas capacidades mentais aprendendo o necesario para defenderse ben na vida.
*APRENDENDO que todo ten unhas consecuencias: cando se fan as cosas ben, recibirá premio; se non, a recompensa é negativa.
*APRENDENDO que: "o que de novo non traballa, de vello durme na palla".
*APRENDENDO que ten unha misión que cumprir porque é un ser único e irrepetible diseñado por unha forza superior que os cristiáns chamamos: Deus.
*APRENDENDO a sentirse membro activo e responsable da comunidade familiar e social.
Para o cal debemos: facilitarlle as ferramentas necesarias para que comprenda de onde ven e a onde vai: unha formación moral, ética ou relixiosa.
PARA QUE VALOREMOS:
*A IMPORTANCIA de vivir en paz aínda que teñamos que ceder dos nosos dereitos en moitas ocasións.
*A IMPORTANCIA de compartir: porque do que se dá, eso mesmo se recibe.
*A IMPORTANCIA da paciencia para sobrelevar as cargas que nos pon a vida.
*A IMPORTANCIA da vida sencilla e humilde sen envexas, nin comparacións.
*A IMPORTANCIA da honradez das nosas accións para que todos poidan confiar en nós.
*A IMPORANCIA de saber administrar a economía, sen estirar máis o pé do que dá a manta.
*A IMPORTANCIA de non caer no materialismo nin no consumismo porque escravizan.
*A IMPORTANCIA da liberdade de actuar en conciencia según o corazón diga.
*A IMPORTANCIA de ser unha persoa de futuro prometedor.
XUNTOS, PODEMOS
-Non podemos tirar a toalla.
*QUEDAN moitas persoas que silenciosamente están dando o mellor de sí por estas causas.
*QUEDA moita infancia que se esmera por sacar boas calificacions nos estudios para ser persoas cultas.
*QUEDA moita xuventude que desexa abrirse camiño para poder fundar un niño de amor no que poida desenrolarse plenamente como persoa.
*QUEDA moita xente adulta que está preocupada polo ritmo de vida que levamos e seguro que fará o posible por melloralo.
*QUEDA a xente sénior que deixa vivido moitas experiencias de todo tipo e sabe que nos convén coller un rumbo acorde coa nosa esencia.
¡Qué máis queren os séniors que vernos ben encamiñados!
NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA
Unha etapa trae outra.
Estamos no momento xusto de orienta-las nosas vidas cara a un mundo máis xusto, máis natural, máis habitable.
A nai natureza estánolo pedindo a berros.
"ESCOITÉMO-LA NATUREZA"
Este será o título do seguine artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora