Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús compartindo e dándose, revela a Deus e mostra o seu camiño

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 02 de agosto de 2026
DOMINGO 18 (A).- Is 55, 1-3.- Sal 144 (145).- Rm 8,35.37-39.- Mt 14,13-21

+ Baixade o oído e vinde onda min, facédeme caso.(Is 55,3)

+ O Señor está cerca dos que o chaman ( Sal 144(145),18

+ Estou seguro que ninguén nos poderá afastar do amor de Deus que nos ten en Cristo Xesús (Rm 8,38.39)

+ Xesús dixolles: Dádelles vós de comer ( Mt 14, 16)

XESÚS COMPARTINDO E DÁNDOSE, REVELA A DEUS E MOSTRA O SEU CAMIÑO

Compadecido
Xesús irmán,
daquela xente
que te buscaba
e te seguía,
fuches rebelde
pulo de Deus,
ante a prudencia
que pretendía
desentenderse,
pecharse en si,
¡ti apostaches
con valentía
por compartir!

Por iso deches
o que che deron;
todo o que tiñas
ao teu dispor
foi repartido:
déchelo todo,
e houbo sobras,
e así amosas
que o teu vivir
é comuñón.

Unión profunda,
unión con graza
e con perdón,
sempre sostida,
non só un momento
de xenio breve,
senón tecendo
lazos e unións
que dean corpo
desde o cotián,

desde o respecto,
desde o proxecto,
á convivencia,
que estea atenta
a dar apoio
a quen precise
máis atención.

Día tras día
décheste ti,
Xesús amigo,
faro de luz
na eucaristía
de festa e cruz.
E a iso invitas:
xunto contigo,
darnos tamén
completamente,
na túa mesa,
na nosa vida,
co sacrificio
e co proveito
da doazón,
que fai vivir,
e alenta clara
resurrección.

Bendito sexas
Fillo querido
de Eva e María,
de Adán e Abrán,
e de Xosé.
Gromo vizoso
do antigo pobo
o Israel teu,
que hoxe non vemos

porque se deu
en ti a todos,
e en ti o acollo,
agradecido
sen exclusión:
na historia santa
e pecadora
que te formou
a ti e a nós,
na historia toda,
que por ti agarda
en todo tempo
e en cada quen.

¡Bendita alfaia,
froito precioso,
fillo do home,
Fillo de Deus!

A creación,
por fin se ve
en ti lograda,
en ti salvada,
en ti ofrecida
como vitoria,
como tarefa
do bo amor.

Conta comigo
meu Deus querido,
con Xesús Cristo
faime pan bo,
e pan partido
con gozo e dor,
unido a vós.

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES