Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Premio Nóbel da Guerra?

viernes, 18 de diciembre de 2009
Hai unha morea de anos, foi ao ano de finar o ditador Franco. Atópome nun centro social dun porto de mar tomando un café, cando achegouse ao meu carón unha persoa xa entrada en anos e ben coñecida por min pola súa traxectoria franquista, entaboou unha conversa sobre o que podería acontecer no futuro despois de Franco. Eu lle contestei que íamos a unha democracia e non tiña volta de folla. Nun intre da conversa, díxome unhas palabras que case non me deixan durmir aquela noite. A frase é moi forte: “...Oes ti, matar tamén é democrático...”. Quedei como unha estatua de pedra. Foi unha frase que hoxe lle darían o premio Nóbel da Paz. Isto ben a conto sobre a quen lle deron este ano ese premio de prestixio universal. Recolle o premio da paz facendo a guerra. Iso é algo moi surrealista.

Gustaríame que todos aqueles “progres de postal”, aqueles que estábanse a dar bicos e abrazos ante aqueles caneiros cheos de promesas do novo presidente de EEUU e recente Nóbel da Paz o Sr. Obama. Quixera que hoxe me explicaran, que me convenceran cómo teño que entender o que este Sr. está a facer agora. Neste intre teño tódalas neuronas engraxadas e a tope para poder escoitalos e non alporizarme.

Ata os nenos de teta sabían que Obama é o imperio, é o emperador e por suposto está a gañar o seu soldo para defender ese imperio a sangue e lume. Agora están aparecendo moitos deses “progres” ao estilo feudal, son os bufóns que xa comezan a rirlle as grazas.

Por iso quixera preguntar aos que escoitaron cantos de serea, me ilustraran sobre ese premio ”Nóbel de la Paz” entregado a un defensor da guerra en Afganistán, Irak e no resto do mundo onde fan desfeitas a destro e sinistro. Hai que ver o mal que envellece esta xentiña “progresista”, e o mal que levan o estar afectados da próstata mental.

Coido que algúns nin conta se dan do que nos agarda nun futuro con ese imperio en declive, gobernen uns ou os outros, unha moeda coas dúas caras iguais. Son o poder, son unha ameaza para o mundo que morrerá matando. É a fera ante os que se poñen de xeonllos os traficantes de fermosas palabras e os fedentos no que se miran nese espello podrecido como aprendices de emperadores.

Aqueles aplausos ao recoller o devandito premio do máximo Sr. da guerra, deume arcadas e gañas de vomitar ante tanta hipocrisía diso que lle chamamos Occidente que pretende dar leccións de democracia e civilización ao resto do mundo mundial, son eses aprendices de emperadores que adularon ese día ao César que chegou a Roma despois de deixar un regueiro de sangue, destrución e milleiros de cadáveres no seu percorrido de morte. Chegou á praza pública ante o arco do triunfo, lle entregan a Coroa de Laurees, Premio Nóbel ¿qué máis ten?. O importante é adular ao César, xa que canto máis sexan os seus crimes, máis serán os eloxios. Teñen que ir pensando en implantar o “Premio Nóbel da Guerra”, desta maneira xa poden xustificar o terror, tortura, morte e o xenocidio como unha guerra xusta. Todo se andará.

Agardo que alguén deses “progres” que aínda seguen defendendo ao César, nos expliquen toda esta hipócrita parafernalia de moi mal gusto. ¿Non?.

Vivimos no mellor dos mundos posibles. A que si?
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES