Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O cinematógrafo esquecido dos milagres

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 27 de julio de 2026
O pasado sábado, 25 de xullo, Día da Patria Galega, cumpríronse 100 anos do pasamento de Mariano Díez Tobar. Nado o 21 de maio de 1868 en Tardajos, unha localidade situada a apenas dez quilómetros da cidade de Burgos, era fillo dunha O cinematógrafo esquecido dos milagres familia labrega.

Intúo que moi poucos saberán quen foi realmente este home ou, mellor dito, este frade paúl, nin tampouco porque asoma hoxe a este Recuncho Hebdomadario, que procuro relacionar, sempre que é posible, con algunha nova ou efeméride da miña contorna, é dicir, de Baños de Molgas.

Aproveitando que falta apenas un mes para as novenas dos Milagres, anímovos a visitar o Museo Etnográfico, Científico e Sacro do Santuario da Nosa Señora dos Milagres. Alí, poderedes contemplar un aparello composto por unha lente, unha manivela e un mecanismo de engrenaxes, construído polo propio Mariano Díez Tobar.

Díez Tobar foi un dos inventores máis singulares do seu tempo.

O cinematógrafo esquecido dos milagres Dotado dunha extraordinaria curiosidade científica, desenvolveu numerosos aparellos e solucións técnicas, aínda que nunca procurou a notoriedade nin o beneficio económico derivado das súas creacións. Entre elas destaca un cinematógrafo concibido a comezos da década de 1890, varios anos antes de que os irmáns Lumière presentasen publicamente o seu célebre invento. Aínda que a consideración de Díez Tobar como verdadeiro precursor do cinema continúa a suscitar debate entre os historiadores, a súa achega é hoxe amplamente recoñecida como unha contribución pioneira ó desenvolvemento da proxección de imaxes en movemento.

A súa figura segue a ser reivindicada como a dun inventor brillante que, pola súa modestia e polo seu desinterese en patentar os seus descubrimentos, permaneceu durante décadas practicamente á marxe da historia oficial da cinematografía.

En 1889, sendo profesor de Ciencias nun colexio da Congregación da Misión (os paúis) en Murguía (Álava), xa chama a atención polo seu interese no estudo e desenvolvemento da proxección de imaxes en movemento. Tres anos máis tarde, na mesma localidade e posteriormente en Bilbao, pronuncia unha conferencia que esperta notable interese baixo o título: O cinematógrafo: descrición do aparello polo que as imaxes das persoas, o mesmo ca das demais cousas, existan no momento ou xa desaparecesen, aparecen vivas e coma se fosen reais, coas súas cores, movementos, etc, ante a nosa vista.

Finalmente, en 1893, constrúe o cinematógrafo que hoxe se conserva e expón no museo dos Milagres. Unha peza de extraordinario valor histórico.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES