Todo o contrario
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de julio de 2026
Xeralmente adoitamos facer o que fan todos por eso se di: "A donde fueres, haz lo que vieres"
Se imos a casa allea, intentaremos acomodarnos ós costumes daquela casa para ocasionar os menos problemas posibles.
Se vivimos nun mundo materalista e consumista...
E así en moitas ocasións; pero non sempre.
Non sempre nos convén facer o que fai a maioría.
Algo pode ser moi corriente; pero non ten porque ser normal.
O NORMAL é o que se acomoda a unhas normas que os humanos fomos eleborando a través dos tempos; despois de correxir moitos erros.
Cómpre saber discriminar.
NON SE PODE FACER CASO A TODO NIN A TODOS
Seguir os bos exemplos, ESO, SI; todo o que se poida.
As persoas máis exemplares son os santos de tódolos tempos e tamén os que andan entre nós actualmente.
Seguir os exemplos das boas persoas, e das boas compañías sempre é enriquecedor.
Dos malos exemplos e das malas compañías: canto máis lonxe, mellor.
Noutros tempos dicíase que se poñíámos unha mazá sa nun cesto con mazás podridas, acababa podrecendo a sa.
Hoxe en día fálase moito de igualdade, de inclusión, de que todo vale; pero hai máis desigualdades que nunca e tampouco vale todo...
NON TODO VALE
Nestes tempos estamos deixando na baúl dos recordos moitos principios a cambio de outras fórmulas alegando que hai que ir cos tempos, que hoxe en día van así as cousas, etc...
Hai que respectar tódalas formas de ser e de pensar; pero eso non significa que haxa que comulgar con todas.
Cada persoa ten que saber valorar o que nos enriquece como persoas de ben e o que nos empobrece.
ENRIQUÉCENNOS
Nun mundo materialista e consumista enriquécenos: eleva-lo noso nivel cultural e espiritual con boas lecturas.
-O amor polas boas lecturas é moi enriquecedor porque ler é falar cos sabios.
O libro máís lido e máis vendido ó longo da nosa civilización é a Sagrada Biblia.
Pero tamén son moi interesantes os de literatura, ciencia, autoaxuda, e outros moitos...
Hoxe témolos para tódolos gustos e a tódolos prezos.
E se non podemos compralos, podemos pedilos prestados ou acudir a unha das moitas bibliotecas que hai en tódolos concellos, incluidos os máis humildes.
-Escoitar ás outras persoas sempre nos ensina algo tanto se se trata do que debemos facer como do que debemos omitir.
-Respectar ós superiores é un deber empezando polos nosos proxenitores e rematando por tódalas persoas con autoridade sobre nós.
A boa educación abre moitas portas e non está reñida con nada nin
con nadie
-Conserva-las tradicións é continuar o labor dos nosos antepasados, algo que nos caracteriza e nos enorgullece.
-O amor á nosa lingua é un sinal indiscutible de identidade propia como país.
-Ser empáticos e xenerosos mostra o noso nivel moral.
-Vivir para servir amando incluso ós nosos inimigos favorece a convivencia que ten un valor incalculable.
-Saber perdoar para recupera-la paz non ten prezo.
Para o noso crecemento persoal, a veces temos que nadar contra corrente, aínda que non sexa doado.
EMPOBRÉCENNOS
-A ausencia de valores e principos morais, éticos e relixiosos que orienten a nosa vida.
-A ignorancia, canta máis ignorancia, máis pobreza intelectual e moral.
-As malas compañías que nos arrastran ó foxo da vida.
-O mundanal ruido que non nos deixa ver con claridade cal é o camiño verdadeiro.
-O materialismo que nos escraviza para conseguir bens innecesarios que imos deixar aquí o día menos pensado.
-O consumismo que nos convirte en persoas egoístas, insatisfeitas e infelices.
-Os praceres mundanos que acaban coa nosa saúde física, mental e espiritual e fainos sentir baleiros por dentro.
Se nos baleiramos por dentro estamos creando unha sociedade en decadencia.
PRECISAMOS UNHA SOCIEDADE CON VIDA
Integrada por persoas cargadas de ilusión por un mundo mellor.
"PERSOAS DESILUSIONADAS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideación nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora