Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A receita electrónica

jueves, 17 de diciembre de 2009
Se ben todos os avances sociais levan tempo, parece que o da receita electrónica vai progresando e consolidándose, dadas as grandes vantaxes que comporta para os médicos, as farmacias e os pacientes.

Ós médicos alixéiralles o traballo porque reduce como mínimo arredor dun trinta por cento de consultas que só acuden ó médico de cabeceira a solicitar as receitas de tratamentos longos, previsibles e que deste xeito se organizan anualmente.

Para as farmacias, eliminando recortes de precintos, selado de receitas, asinamento de estas e a súa remisión coa facturación correspondente.

Para o paciente, porque non ten que acudir periódicamente ó seu centro de saúde. E para o sistema en xeral, porque evita o consumo de xogos de receitas físicas, a súa expedición manual, permite o control de consumo de fármacos por parte dos médicos, incorpora as receitas ós correspondentes historiais clínicos e proporciona datos moi importante do comportamento dos pacientes en relación co cumprimento das prescricións.

Nos lugares e centros onde se utiliza, todos contentos, porque se comproban as vantaxes dun adianto tecnolóxico que só agarda para ser máis útil que o seu uso se xeneralice, sabendo as dificultades que hai para a extensión dun sistema coma este nun país coma o noso.

Pero principio queren as cousas, e neste caso xa é máis ca un principio. Que os que o están utilizando asuman as súas vantaxes, garante que os pasos dados nesa dirección son firmes, e a receita electrónica é un futuro perfecto que hai que procurar avance á maior velocidade posible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES