Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 23 de julio de 2026
A cadencia das lecturas

Cánsanseme os músculos. Debe ser a nugalla. Ou o andar moi amodiño. Cando leo, ando amodiño. Cando non leo, hai quen me chama o Rápido de Bouzas. Ou todo ou nada. Ou arre ou xo. Dereito ou revés. Cara ou cruz. Si ou non. Ceo ou inferno. E así deica o infinito e máis alá.
Pingas de Orballo Acabo de empezar "El amo", de Santiago Díaz. Pola mañá, mentres facía o xantar, rematei "La víspera", de Manuel Jabois. Gustoume. Mañá, cando o devolva á biblioteca, levarei outro en préstamo. E así van transcorrendo as miñas lecturas: unha detrás doutra, sen respiro. Leo andando ou deitado na cama; sentado, poucas veces. Na cama tamén leo cada vez menos porque, coa idade, os topeneos axiña fan acto de presenza. Cando aparecen, non queda outra que pechar o libro e pousar un pouquiño a corna.
Si, debía ser o de andar amodiño, porque cada vez noto menos canseira nos músculos. Se fose a nugalla, nin ganas tería de escribir. E estou escribindo. Sentado na terraza dun café. Á sombra. Aínda que hoxe as nubes tapan de cando en vez o Lorenzo. Xa era hora! Canta canícula, por Deus!
Oxalá chovese café no campo, cantaba Juan Luis Guerra. A min abóndame con que caian unhas pingas de orballo sobre o mambo que bailo ou, mellor aínda, que chova café na miña gorxa... na que xa leva un cacho chovendo.
Cos músculos xa descansados, inicio unha nova aventura: pechar o caderno, pagar o café e marchar. Con canseira ou sen ela, con nugalla ou sen nugalla, con pros e contras, con arres e xos. E coa música dunha banda sonora nos oídos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES