Onde se ve esta eclipse?
O mesmo que a duración, o visionado dunha eclipse de Sol varía, e non só segundo as posicións relativas, senón tamén segundo como está xirada a Terra, como está orientada en relación ós outros astros.
No caso da eclipse de 12 de agosto de 2026, a eclipse verase nunha franxa que comezando ao norte de norteamérica, atravesa o atlántico e a península ibérica, á que entre polo norte de Galicia, ate rematar sobre as illas Baleares.
A nosa comunidade é a zona de España máis afortunada para ver a eclipse.

Os esquemas: xusto antes de entrar Galicia na zona de totalidade, a sombra de totalidade e a zona de parcialidade, hora e duración da totalidade no punto máis favorable a esa hora; e no segundo, o recorrido total de toda a eclipse (a limitada en azul é o recorrido da zona de eclipse total).
Neste último, a 'foto' está tomada no momento central da eclipse, o máis favorable.