Unha eclipse para tí (4)
Gregorio Montes, Antonio - miércoles, 12 de agosto de 2026
Canto dura unha eclipse?
As posicións relativas dos astros cambian, o que permite entrar e saír dunha eclipse.
Mais tamén nas eclipses hai variación da posición relativa entre os astros, tanto no transcurso ('dentro') dunha eclipse, como dunhas eclipses en relación a outras, polo que todas as eclipses non duran o mesmo.
Así, nunha eclipse de Sol a totalidade, cando a hai, pode ser como moito de algo máis de sete minutos, e o conxunto da eclipse, dende que comeza a ocultarse o Sol ata que volve a ser plenamente visible, dunha duración de ata unhas dúas horas.
No caso da eclipse de 12 de agosto de 2026, en Ribadeo, a eclipse durará unhas dúas horas menos dez minutos, e a eclipse total, cousa dun minuto cincuenta segundos.
Gregorio Montes, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora