Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Levarse ben é doado (6)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 26 de agosto de 2026
En definitiva, de que nos namoramos? ¡Cada caso é distinto, cada caso un mundo! Pero o asunto é que amamos Levarse ben é doado (6) sen saber que, nin por que! Daquela, será certo iso de que, Casamento e mortalla, do Ceo baixan? O libre albedrío témolo de herdanza, pero non está de máis pedirlle a Deus que nos inspire para utilizalo con prudencia, con xeito.
O máis probable é que nos namoremos porque intuímos que na outra persoa hai algo, ten algo, que nos fai falta, que nos complementa. ¡Iso dos complementos estúdase pouco, pero con saber que existen, basta. Se a outra persoa fose idéntica a nós mesmos, en vez de atraernos daríanos noxo; sempre buscamos algo diferente, pero..., complementario! O "ligue" estará, está, en facer bo uso destas disparidades; que non sexan extremas, que sexan normais, que nos fagan a vida grata, que nola fagan vivible, equilibrada, axeitada; en definitiva, que nos axude a subir, a mellorar na nosa formación, no noso perfeccionamento.

¿Desinterese nos noivados? Se non sentísemos algún interese xa non seguiríamos; verdade que non? Pero eses intereses deben ser puros, xenerosos, merecentes dunha reciprocidade. ¿Sen egoísmos? ¡Tampouco, pois o egoísmo é coma o aceite dos motores, que o precisan para suavizar os seus movementos! O quid está en que ese cultivo do ego sexa racional, prudente e sometido a unha correspondencia afectiva e xenerosa. A heroicidade nunca é obrigatoria: Do ut des, que dicían os romanos; dou para que me deas: douche o meu amor a cambio do teu, que así, dous polos, positivo e negativo, algún día darán luz, darán á luz, axudaranlle a Deus na súa, ininterrompida, creación.
-.-

O problema de dar a talla. ¡Dous, xa que dúas tallas temos, ou se nos atribúen: a moral e maila física!
Comezando pola física, que é a máis doada de ver: A muller e maila sardiña, canto máis pequeniña! ¿Non habería nisto un certo machismo? A estatura física sabido é que depende de certos factores, e non só dos xenes, que tamén: crianza, alimentación, exercicio, e incluso clima. Poden ser máis atractivas as altas, as relativamente altas, no senso erótico, pero esta calidade non pode, non debe ser, decisiva á hora de buscar unha parella ideal.
¿Por qué as mulleres, algunha, se monta en tacóns, cadora máis..., de cegoña? (Sen que me lean elas: Téñeno de arma fronte ao machismo; queren dar a talla, ou, incluso, de serlles posible, superalos; pero os pés en alto poden traerlles unha serie de prexuízos que non tiñan antes. O uso deste tipo de calzado lévaas a sufrir dores nas articulacións e nas cervicais; pode desviárselles a columna vertebral e comezar a doerlles os xeonllos. Todo isto porque padecen un desequilibrio do corpo, do que non son conscientes. Descompénsanse tódolos puntos de apoio naturais, ténsanse os músculos, e premen as articulacións de forma antinatural. Por se isto fose pouco, de maiores sufrirán artrose, esguices, acurtamento do talón de Aquiles, e tamén poden emerxer os "juanetes". ¡Oh, la, la; vaia panorama; sáelles caro ollar desde máis arriba!).
O da talla moral require punto e á parte, que esa si que é grandeza! Só un / unha inmoral insistirá en cortexar ao menor síntoma de baixeza moral que lle note ao seu..., que? ¡Ao seu igual! Despois, cando veñan as consecuencias, que non se queixe, pois ata Deus lle dirá que apeite con elas, xa que tanto gozaron coa malicia. Á longa poucas malicias hai que resulten rendibles; iso sen contar co Xuízo Final!
Daquel, ou daquela, que apunte en mala dirección na súa adolescencia, pouco se pode esperar da súa corrección. A súa parella algo lles pode dicir, algo pode influír, algo pode puír, pero sempre con limitacións; precisaríase un gran ascendente sobre o outro para lograr unha adecuación plena.
-.-

A simpatía recíproca vale moito, pero non o é todo; se por simpatía fose, casariámonos con milleiros de persoas. Tampouco é que sobre esta calidade, pois, caras longas, ou de xesto ficticio, atopámolas cadora, en todas partes, sexa campo ou cidade, pero o problema non é que, circunstancialmente, asomemos os morros, senón que esa forma de ser sexa característica, perdurable ou frecuente. A miúdo cansámonos de aguantar aos simpáticos; que non pasará cos outros!
¿É doado ser simpático, caer simpático? As cousas boas non adoitan ser as de máis fácil consecución ou adecuación; a simpatía implica afinidade, inclinación mutua, e tamén amabilidade. ¡É unha virtude, outra máis, e por tanto, cultivable! Chamámoslle simpatía á capacidade de percibir e de sentir directamente, plenamente, a maneira que se experimenta de como sente as emocións outra persoa. Na simpatía hai algo, ¡moito!, de telepatía, de transmisión anímica. ¡Abrázanse as almas!
Os gregos, folgazáns eles, e por tanto, pensadores, tamén lle deron voltas ao problema da simpatía, e interpretárona como sympatheia, unha verba composta que vén a significar "sufrir xuntos", "tratar con emoción". Aló dentro atopáronlle agradabilidade e sensibilidade, calidades que invitan á solidariedade e á empatía, permitindo compartir as ledicias, pero tamén os sufrimentos. Daquela a simpatía xera unha solidariedade, que nace, que arranca, cando os sentimentos e / ou as emocións dunha persoa causan sentimentos similares no outro; vén a ser a creación dun sentimento compartido.
En xeral a explosión da simpatía é mutua, espontánea, sincronizada, aínda que non sempre. Porén, nunca hai que descartar que nos leve tempo descubrila na outra persoa, que non é doado, accesible, coñecer ás persoas a golpe de vista, ou a través dunha simple conversa; tamén ocorre o contrario, que co tempo descubrimos que o noso concepto, a nosa apreciación, era vacua, superficial, errónea. Por iso convén observar detidamente, e non apresurar decisións, característica que, -din-, se nos dá ben aos galegos, de marabilla.
Familiar da simpatía é a empatía, da que din que é un sentimento parecido ao afecto, pero sen chegar a selo. Sentimos empatía, podemos sentila, xa antes de coñecer a fondo unha persoa, simplemente baseados niso que chamamos, vulgarmente, "darnos boa espiña", séxase, intuición.
Simpatía e empatía son como dúas caras da mesma moeda; interrelacionadas, pero non iguais. Nos libros, os psicólogos veñen a dar estas definicións, ou parecidas:
A diferenza entre simpatía e empatía está en que simpatía é a capacidade de percibir unha situación dunha maneira similar á doutra persoa; por empatía referímonos á capacidade de sentir o mesmo, ou parecido, cá outra persoa; máis ou menos iso que dicimos, "De postos no seu lugar, eu...". A empatía, tamén denominada, intelixencia persoal ou emocional, -din que-, consiste, que é, unha das habilidades máis complexas dos seres vivos, que se aprende a través da educación, ou sexa, non é innata, mentres que a simpatía si é de natureza espontánea.
Os especialistas no tema matizan: Se coñeces a alguén que, de súpeto, che cae ben, e xa te sentes próximo, identificado, aínda que non coñezas nin comprendas ou compartas a súa forma de ver as cousas, estás dominado pola empatía.
¿Verdade que nos botamos a andar, a conquistar, a mocear, ás cegas, ou case? ¡Claro, estas minucias formativas non entran nos programas da Primaria!
-.-

O velo da soberbia. ¡Non hai cousa máis escura, máis tupida: é a noite da alma, verdade que si, avoíña Eva? Téñolles simpatía aos termómetros porque son persoais, sinceros, íntimos, e chámalle febre á febre; en cambio os fonendoscopios só se abren, só se sinceran cos terceiros, que por algo os médicos non o poñen, non o usan para si mesmos. A soberbia é un "fonendoscopio", que non lle di a verdade ao seu dono, ao seu posesor; e os terceiros, por medo a enfadarnos, disimulan con nós.

A malignidade da soberbia quedou ben demostrada no caso da avoíña. ¡Pobre Eva, canto sufriu ela, e cantas penalidades nos deixou en herdanza! O único que saíu ganando naquel ¿experimento? foi Satanás, que lle meteu un gol ao propio Deus.
Ben o entende o Papa Francisco, que nunha das súas alocucións matizou: "La soberbia, el orgullo, también pueden contagiar a las personas que viven una intensa vida religiosa. Es el pecado que divide la fraternidad; el pecado que nos hace presumir de ser mejores que otros; el pecado que nos hace creer que somos como Dios. (Claro; aí está, así foi o caso da Eva). En cambio ante Dios todos somos pecadores (¡A herdanza daquela soberbia!), y tenemos razones para golpearnos el pecho, todos, como aquel publicano en el templo". ¡Pero que bo alumno ten o noso Mestre: ese Francisco é capaz de explicar as cousas máis profundas coa pedagoxía máis clara, sinxela e sensible!
Pero tamén tivemos laicos, laicos que foron asesinados, ¿mártires?, por dicir verdades coa meirande das humildades. ¿Quen? Un deles, ben próximo, Miguel de Unamuno, que, na súa disertación sobre a soberbia, dixo: "A menudo ocurre que se pasa uno la vida combatiendo la intolerancia de los demás, y si lograis arrimaros a su espíritu y registrarlo con vuestra mirada, veréis que está combatiendo su propia intolerancia. Los absolutamente humildes no se escandalizan ni apenas se conduelen de la soberbia ajena, como los verdaderamente pródigos no se indignan de la avaricia de los demás. ¿Qué espíritu ha combatido al espíritu de la soberbia siempre? El espíritu de la soberbia misma. No tenéis sino ver las prevenciones que los humildes de profesión han tomado siempre para que su humildad no se convierta en soberbia; no tenéis sino ver con cuánta frecuencia los maestros de la vida espiritual, al comentar aquello de que quien se humille será ensalzado, nos advierten que el humillarse en vista de ello, para ser ensalzado por haberse humillado, es la máis refinada soberbia".
Levarse ben é doado (6)
Un médico ilustre, Miguel Quiroga de Unamuno, neto de don Miguel, e coma el polifacético e preclaro,
comendo nesta miña/vosa casa; ¡un modelo de humildade, outro!

Cando estudiamos ao próximo/a pensando na posibilidade dunha futura convivencia, a primeira comenencia é, está, en retratalo ben, ¡en retratarlle a dose de soberbia que teña a súa alma, pois algo diso, desde aquilo de Eva, temos / conservamos todos! ¿Que os ollos son o espello da alma? ¡Non chega, pois as nosas almas, coas picardías que levamos aprendido ao longo da historia, son nebulosas e cambiantes! Unha pequena lupa pode ser esta: O soberbio crese imprescindible, e que detrás súa só está o abismo. Coidado, pois, con caer nese abismo da soberbia, ¡que é abisal!, e pode tragar ao mellor dos/das nautas.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES