Cousas que non se entenden
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de julio de 2026
Somos un todo integrado por: corpo, mente, corazón e espírito:
Non somos só corpo, nin só mente, nin so corazón, nin só espírito.
Somos seres sabiamente creados que dispoñemos dunha mente para razoar, dun corazón para amar e dunha alma para salvar.
Sabemos cando algo está ben ou cando está mal.
Tamén sabemos como nos gusta que nos traten.
Así de sinxelo.
DAQUELA:
-¿POR QUÉ MALTRATAMOS Á PERSOA DA QUE UN DÍA NOS NAMORAMOS LOCAMENTE?
¿Pensamos que nos gustaría que nos trataran así?
¿Qué gañamos con maltratar?
¿Qué perdemos?
-¿POR QUÉ NOS QUEIXAMOS SE O GALO DO VECIÑO ANUNCIA UN NOVO DÍA?
¿É tan molesto o canto do galo?
Se o galo fora noso...
¿Teríamos que anestesialo para que non cantara?
- QUEREMOS VIVIR NO MEDIO RURAL; PERO: MOLÉSTANOS O CHEIRO DAS GRANXAS, DO SILO, DO PURÍN...
¿A onde teremos que leva-las granxas?
¿De onde sacaremos o leite, a carne, os ovos...?
-QUEREMOS UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE E UN FUTURO PROMETEDOR PARA OS NOSOS FILLOS E Ó MESMO TEMPO:
Conectamos a criatura a unha pantalla para que se entreteña sen darnos conta do que eso significa contra o seu desenrolo cognitivo.
Queixámonos dos profesorado que esixe, como se o profesorado descoñcera o programa que ten que impartir a cada idade.
Mandamos a criaturiña a un montón de actividades extraescolares impedindo que dedique tempo ó estudo dos coñecementos básicos.
Educámolos con todo tipo de consentimentos para que non lles falte de nada e que non se frustren (según o noso parecer, así debe ser).
¡O que me interesa é que os meus fillos sexan felices!, din algún...
¿Será posible sen preparación, sen orde, sen disciplina, sen esforzo, sen respecta-los dereitos dos outros, sen amar ó próximo?
-QUEREMOS UNHA SOCIEDADE MÁIS HUMANA
Pero se podemos "exprimir" ó traballador, exprimímolo e ó empresario, tamén.
-QUEREMOS SER PERSOAS BEN VALORADAS
Procuramos ter moitos cartos, moitas propiedades, moitos títulos, relacións con xente rica; pero esquecemos:
A quen nos axudou cando o necesitamos
A nosa orixe.
Ofrecernos para o que poidamos ser útiles
Visitar enfermos.
Facer obras de caridade.
Vivir para servir.
¿CARA A ONDE IMOS?
-Se consideramos que romper familias é algo habitual...
Que non pasa nada porque o fan moitos...
¿A dónde vas Vicente? A onde vai a xente.
-Se nos enfadamos co veciño porque o seu galo nos desperta ou outras cousas parecidas...
-¿Qué comeremos se non permitimos o labor dos granxeiros e dos labregos que pasan a vida entre os animais e non protestan?
-Se ademáis de non apoiar o labor do profesorado aínda o censuramos para respaldar a lacazanería do estudiante...
-Se non nos plantexamos en serio a educación dos encargados de preparar o noso futuro...
-Se o empresario non valora ó traballador e viceversa...
-Se en lugar de amar, odiamos só porque non pensan como nós...
-Se o que máis nos ocupa é a adquisición de bens materiais esquecéndonos dos espirituais...
¿CÓMO NOS VALORARÍAN OS NOSOS SUCESORES?
-Como persoas sen sentido, que non soubemos usar adecuadamente as nosas facultades mentais, que desperdiciamos unha gran riqueza que a vida nos deu como un regalo.
-Como persoas sen corazón, capaces de calquera cousa con tal de satisfacer o noso EGO.
-Como persoas sen rumbo, que nin saben o que queren nin a onde van.
Como eso non é o que nos convén, faremos todo contrario
"TODO O CONTRARIO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora