Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Convocatoria veciñal LU-170 Momán - Xermade

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - miércoles, 15 de julio de 2026
Convocatoria veciñal LU-170 Momán - Xermade O vindeiro 16 de xullo, festividade da Virxe do Carme, ás 11:00 horas, celebraremos unha misa no km 20 da LU-170, un dos puntos máis deteriorados desta estrada.

Será un acto de fe, pero tamén de reivindicación.
Pediremos á Virxe do Carme protección para todas as persoas que transitan por esta vía e reclamaremos á Xunta de Galicia unha actuación urxente para reparar unha estrada que leva demasiado tempo en estado de abandono e supón un perigo para a seguridade viaria.

A LU-170 une Momán con outras parroquias e concellos.
Merecemos unha estrada segura, digna e en condicións.

📍 LU-170, km 20 (Momán)
📅 16 de xullo
🕚 11:00 horas

Porque a seguridade non pode seguir esperando. Agardamos contar co apoio de toda a veciñanza.
Convocatoria veciñal LU-170 Momán - Xermade
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES