Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 17 de julio de 2026
Palabras que tamén son memoria

Goldrei o río Arnoia á altura da ponte que leva a Foncuberta. Ben podía cruzar por esa ponte cara á Parrumeira, pero non. Aquel día apetecíame meterme no río, mollar os pés e goldralo.
O Dicionario da Real Academia Galega non recolle este significado da palabra goldrar como acción de cruzar un río descalzo, cos pantalóns arremangados ata os xeonllos ou ata onde dean de si. Para a RAG, goldrar significa preparar [as peles] para que solten o pelame e logo curtilas. Tamén define a goldra como a materia que desprende algo ó podrecer. Nada máis.
Pingas de Orballo Envieilles unha consulta para preguntar por ese outro significado. Cando responderon, indicáronme que o termo aparece recollido polo sacerdote, profesor, lingüista e etnógrafo Eligio Rivas Quintas, quen dá a entender que este uso é propio da contorna de Baños de Molgas e doutros concellos limítrofes.
Eu son dos que pensan que, hoxe en día, os dicionarios deberían recoller todas aquelas palabras que emprega unha parte significativa da poboación. A capacidade que ofrecen os medios dixitais permite incorporar tamén formas consideradas incorrectas ou variantes dialectais, sempre indicando a súa condición e remitindo á forma normativa correspondente. Un dicionario tamén é un espello da lingua viva.
Pola miña zona sempre se dixo goldrar. E tamén carrancoña, augana, atugar e outras palabras que agora mesmo non me veñen á memoria e que tampouco aparecen nos dicionarios galegos. Con todo, forman parte da miña fala desde que teño recordo.
Así que, mentres a RAG investiga, eu seguirei goldrando o Arnoia camiño da Porfía, no monte de Pinouzos, en Baños de Molgas. Cando eramos rapaces e iamos coas vacas para o monte, antes de existir esa ponte, había que goldrar o río si ou si. Era a única maneira de pasar, a non ser que tivésemos un burro que nos fixese o servizo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES