Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acollamos en nós a sementeira da palabra de Cristo

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 12 de julio de 2026
DOMINGO 15 (A).- Is 55,10-11.- Sal 64(65).- Rom 8,18-23.- Mt 13,1-23

+ A palabra que sae da miña boca non volverá a min en van (Is 55,11)

+Ti coidas a terra e enchóupala de bens (Sal 64 (65))

+Toda a creación ven xemendo ata hoxe con dores de parto ( Rm 8, 22)

+O que foi sementado en terra boa dá froito: nun caso cento, noutro sesenta, e noutro trinta (Mt 13,23)

ACOLLAMOS EN NÓS A SEMENTEIRA DA PALABRA DE CRISTO

1.A Palabra creadora,
que fixo o mundo e o chama
a ser humano con Cristo,
ofrece nel guía sabia.

2.Nel convida a sermos fortes,
raíñas e reis que afastan
de dores sen vida nova,
de bágoas sen esperanza.

3.Nel nos convoca fecundos,
a multiplicar a graza,
que consola xenerosa
á xente máis enloitada.

4. Nel nos abre bos camiños
e alenta as mellores causas,
nel nos sostén e dá forzas
para a loita sen vinganzas.

5.Nel convoca a sermos pobo
ancheando mente e alma,
ordenando os intereses,
a compartir nome e casa.

6.Da Palabra vimos todos
antes da nosa crianza,
e a sermos "nós" camiñamos,
se non nos vencen as rabias.

7.Para axudar á irmandade
que pan e mesa comparta,
aportemos boa terra
libre de silvas e espadas.

8. Que enchoupe a paz o profundo
das raíces soterradas,
do querer e dos afectos,
e sande a idea que esmaga.

9. Deixemos que nos anove
e dea en nós boa anada,
que nos guíe e fertilice,
e atope en nós porta franca.

10.Xesús, alimento e luz,
Verbo, que a todos nos falas,
que eu te escoite e acompañe,
sementando a mañá clara.

11.Contigo e con toda a xente,
que busca a verdade ousada,
e con choros e alegrías,
dámoslle carne medrada.

12.Grazas porque na andadura
xa nos dás proba e ollada,
catando e vendo adiantos,
na gran colleita soñada.

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES