
Son tan distintas na súa beleza que, como humanas que son, teñen moitas diferenzas de corpo e de cabeza e aínda as súas almas e os seus pensamentos tampouco serán iguais.
Algunhas casan todos os anos coas palmeiras veciñas e froito desa unión e amparo botan uns aneis unhas veces brancos e outras marróns como refrendo de cada ano vivido e soñado, quedando marcados a sangue e a lume na súa biblioteca de recordos que tamén levan escrito en cada anel a feitura de cada un deses anos, elas sábeno ben pola cor e a textura deles se foi un ano amorosiño ou cheo de desgrazas e desánimos.
Continuará...
Gran Canaria 14-6-2026