Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Levarse ben é doado (1)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 19 de agosto de 2026
Se non tocan a rebato!

"Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vos. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros". Levarse ben é doado (1) Non era novo, senón da Nova Alianza; a novidade estaba na importancia que lle deu o Mestre, subliñando e reiterando a necesidade do seu cumprimento. (Xoán, 13, 31-35; Mateo, 22, 36-40; Marcos, 12, 28-34; Lucas, 10, 25-28).
¡Ollo á exemplaridade do Mestre: Só se enfadou cos tendeiros do templo! (Mateo, 21,12; Marcos, 11, 15-19; Lucas, 19, 45-48; Xoán, 2, 13-22)

O noso próximo/a máis próximo/a é o/a cónxuxe. Despois veñen os fillos, etc., así que comezaremos na nosa voda a depuración da nosa conciencia. Claro que tamén están os Seminarios..., pero eu, que de mestre non teño o título, permítome opinar que o mellor dos seminarios, o iniciático, está no fogar.

Fixádevos neste detalle: O primeiro dos milagres notorios, publicitados, que fixo Xesús foi nunhas vodas, naquelas de Caná, nas que contribuíu á ledicia cerimonial convertendo a auga no mellor viño ata entón coñecido. Daquilo séguese que o mellor casamenteiro deste mundo foi o propio Mestre. ¡Eis aquí a importancia do casamento pola igrexa; os outros son..., xuntoiros lascivos!

A Virxe pídelle o primeiro dos milagres públicos. Vaiamos á Biblia, que este pasaxe vale ben a pena, a molestia, de repasalo:

Xoán 2, (1, 11). "Ó terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e estaba alí a nai de Xesús. Tamén foi convidado Xesús e mailos seus discípulos ó casamento. Chegou a falta-lo viño e a nai de Xesús díxolle:

-Non che teñen viño.
Replicoulle Xesús:
-Muller, ¿que ten que ver iso comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora.
Súa nai (¡Sempre a nosa intercesora!) díxolles ós servidores:
-Facede o que el vos diga.
Había alí seis tinas de pedra para as purificacións dos xudeus, que levaban ó pé de cen litros cada unha. E ordenoulles Xesús:
-Enchede de auga as tinas.
Eles enchéronas de todo.

Díxolles entón:
-Collede agora e levádelle a proba ó mestresala.
Eles levárona. E, cando o mestresala probou a auga volta viño, sen saber de onde viña (os servidores si que o sabían, que eles colleran a auga) falou co noivo e díxolle:
-Todo o mundo pon de primeiras o viño bo e, cando xa están bébedos, o máis cativo; ti, en troques, deixáche-lo viño bo para agora.

Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa gloria, e creron nel os seus discípulos".
¿Que? ¡Pois, a meditar, que vale a pena este pasaxe para entender correctamente a relixiosidade dos casamentos!

Invito ao lector/a ás nosas voas de ouro, estas; ás outras, imposible, porque as celebramos un martes, e trece, por poderes, a 3.000 quilómetros de distancia. (O noivo xa estaba na África Occidental Española).
Levarse ben é doado (1)
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES