10. ¿Que importancia diría que ten o Entroido para a sociedade galega actual, na que hai unha notable homoxeneización, globalización e perda de valores locais e de comunidade?
Para reducir os efectos negativos da globalización no Entroido lucense cómpre protexer a súa esencia e reforzar a tradición local. Polo tanto, é mester tomar unha serie de medidas que afectarían ás institucións; á educación; aos veciños; ao turismo; aos medios e redes sociais etc.

* Dende as institución oficial, e conveniente fortalecer o Entroido como patrimonio cultural inmaterial. Hai que apoiar investigación etnográficas sobre o Entroido lucense. Ademaís, deben procurar axudas para asociacións veciñais e culturais, que sustenten o Entroido tradicional, respetando as formas tradicionais de cada localidade.
* Con respecto á educación, convén incluir dalgún xeito nos programas escolares o Entroido analizando a súa orixe, os seus persoeiros esenciais, e o seu significado. Isto podíase levar a cabo en "actividades extrascolares. Tamén, podería ser importante impuilsar "talleres interxeneracionais" onde persoas cualificadas poideran ensinar aos rapaces os disfraces, rituais e cantigas tradicionais máis características.
* Ademaís, hai que incentivar a elaboración artesanal de máscaras e traxes peculiares fronte aos disfraces industriais. Tamén, cómpre organizar concursos e desfiles centrados úicamente en persoeiros do Entroido lucenses.
* En canto ao turismo, hai que fomentar un turismo que recoñeza a súa autenticidade e o respeto, evitando a masificación. Ademaís, e moi necesario que os visitantes estén informados dos códigos culturais, que amosa o Entroido, así como do comportamento axeitado, que hai que manter durante o Entroido.
* Así mesmo, hai que divulgar o Entroido dende unha óptica festiva mais tamén cultural. Tamén, é mester dar protagonismo ás historias locais e a tradición.
* É mester amparar a critica social propia do Entroido
Desta maneira consentiriase que a festa evolucione de forma natural sen perder a súa identidade.
En contrapartida á globalización e a homoxeneización cultural temos que facer alusión a como na provincia de Lugo algunhas asociacións culturais están recuperando algúns Entroidos nos concellos de Pantón, e O Courel.
Así, a "Asociación Segredos de Pantón" leva dende hai anos traballando e dando a coñecer os Entroidos de Budián e da Arribada por medio das redes sociais e dos medios de comunicación. No ano 2022 organizacon coa "Asociación de veciños de San Brais de San Romao de Acedre" unha saída coas figuras recuperadas do Entroido de Budián, os Vandebranxos e os Farraquís.
Pola súa banda, a Asociación de desenvolvemento rural Serra do Courel, veciñas e ANPA teñen como obxectivo manter vivo o patrimonio inmaterial desta festa popular galega así como as súas manifestacións nas terras do Courel. Na maioría das aldeas do Courel, segundo membros da Asociación citada, había felos, mecos, xardoeiros, tiseireros e señoritas de Romeor... Estas mascaradas visitaban as aldeas acompañadas de gaiteiros e tamborileiros, facendo soar un corno, anunciando a súa chegada.