Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (13)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 18 de agosto de 2026
8. ¿Cómo valora o grao de conservación e de coñecemento que existe do entroido tradicional na Provincia de Lugo?

A conservación do Entroido rural na nosa provincia é fundamental para marter viva a identidade cultural das comunidades que o celebran. Trátase dun patrimonio, que foi transmitido oralmente de xeración en xeración, no que que a xente maior xugou un papel esencial no ensino dos diferentes rituais; na realización das máscaras... Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (13) Algunhas destas festas como O Entroido Ribeirao, e o Entroido de Salcedo están recoñecidas como Ben de Interese Cultural (BIC); isto supón unha protección legal.
Agora ben, a conservación do Entroido non implica que non sea dea a coñecer ao exterior, senón que sexa coñecido dunha maneira obxectiva por medio da investigación etnográfica e histórica, que permita documentar as súas orixes e simboloxía. Ademaís, os centros do ensino xogan un papel esencial en canto que contribuen a achegar estas tradicións aos mozos/as por medio de proxectos, e actividades didácticas. Tamén, os museos do Entroido axudan a difundir e contextualizar estas festas. No obstante, a participación activa da familia e dos veciños é o elemento principal, que pode garantir que a tradición entroidana continue sendo unha festa viva e non unha simple representación para os visitantes. De todos os xeitos, hoxe asistimos a unha serie de retos que poden provocar a perda de coñecementos tradicionais o unha adaptación excesiva das celebracións a intereses alleos á comunidade. Estes son; o despoboamento rural, o envellecemento da poboación e a influencia do turismo. Polo tanto, cómpre fomentar políticas culturais que respalden ás asociación locais e respecten os valores tradicionais. Ademaís, todo o mundo é mester que faga unha reflexión ligada coa protección do Entroido, xa que está en xogo a defensa da identidade cultural dun pobo.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES