Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (12)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 11 de agosto de 2026
7. ¿Qué papel desempeñan as representacións teatrais. Como poden ser por exemplo os oficios en Santiago de Arriba, no entroido?

Os "oficios" teñen como base a representación e parodia mímica de diferentes eventos da vida cotiá onde o sarcasmo, Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (12) a burla e a ironía constituen a nota esencial. Son realizados polos "mecos", que son persoas de ambos os dous sexos, vestidos con roupas vellas. Antano, os "oficios" tiñan como base a representación de diferentes tarefas agrícolas ligadas co liño, coa sega, coa malla, coa colleita de patacas... No obstante, co paso do tempo comezaronse a parodiar diferentes actitudes, comportamentos e profesións da vida cotiá non necesariamente ligados ao agro.

Estas pezas teatrais adoitan ser protexidas, como dixemos na cuestión cuarta, polos "peliqueiros ou maragatos".

A nivel cuantitativo podemos mencionar que entre os anos 2012 e 2023 levaronse a cabo máis de 130 oficios.
Como exemplos da totalidade sinalo os seguintes:
"Os espantallos".
"Pozos artesanais".
"Os furtivos do Miño".
"O retorno da emigración".
"Os zapateiros".
"O exército do Moredo".
"Guarderúa do Moredo".
"O trasplante de Moredo" etc.

Este tipo de representación tamen se realizan no "Entroido de Salcedo" (A Pobra de Brollón), onde recibe o nome de "disfraces de campo". No obstante, en Salcedo non participan "os maragatos" no caso de que se queira esnaquizar unha peza teatral, xa que non existe a tradición de "romper os oficios", algo fundamental no Entroido de Santiago de Arriba.

Os oficios adoitan ter un gran éxito entre o público da bisbarra, de concellos limítrofes e mesmo da cidade de Lugo, De ano en ano o nivel de afluencia, se o tempo acompaña, vai aumentando considerablemente.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES