Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (11)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 04 de agosto de 2026
6.- ¿Qué importancia teñen as máscaras de animais e o seu simbolismo dentro do entroido rural da provincia de Lugo?
En primeiro termo, é mester facer mención a que dende a antigüidade a máscara foi para o ser humano un instrumento básico para levar a cabo rituais de diferente índole: funerarios, belicosos, de protección da comunidade e do ámbito familiar, de fecundidade, de arredar os malos espiritos... Na actualidade, este instrumento ritualista quedou únicamente relegado a expresións de carácter festivo coma o Entroido. Nesta festa a máscara é un medio relevante de transformación e de cambio da propia identidade. No obstante, a presencia de máscaras de animais foi diminuindo considerablemente nos últimos anos. Así, Alfonso García Santos, dinos que segue habendo representación de vacas en Tamicelas, Castro de Laza e Matamá, mais a Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (11) Morena de Laza, segue sendo a máus coñecida; tamén, en Sande hai unha Morena que cun oso vai coas máscaras das Bonitas. Con respecto aos bois fai referencia aos bois de A Veiga... En canto aos touros fai alusión aos existente por terras de Manzaneda nas comunidades de San Martiño, Bidueira, e na Mourela; así mesmo, en Trives queda o touro da Caniceira, e polo Bolo hai o touro de Celavente...
Na provincia de Lugo, hai dúas máscaras de índole animal. A que levan "os maragatos ou peliqueiros" no Entroido de Santiago de Arriba (Chantada), e a máscara do "Oso de Salcedo" (A Pobra de Brollón).
Os "maragatos ou peliqueiros" adoitan vestir unhas pelicas de ovella, cordeiro ou cabra sobre roupas vellas; e levan pendurada do cinto unha choca ou campaíña. Ademaís, utilizan uns cranios de becerro ou uns cornos de cabrito como remates para a cabeza, cubrindo tamén a cara. Estes teñen unha dobre finalidade: Protexer aos "mecos", encargados de realizar "os oficios", das intromisións foráneas, que traten de esnzaquizar a peza teatral. Tamén, amparan aos "volantes" cando van nunha comitiva, ou cando bailan no "Campo do Moredo".
Dende a miña óptica, "o volante" é a mascarada do Entroido máis vistosa da provincia de Lugo e unha das máis relevantes de Galicia e, tamén, de España. Hai anos a vestidura do volante era de cor branca, estando formada por unha camisa de liño e uns calzóns longos, que recibían o nome de "cirolas". Co paso dos anos empezaron a levar unha camisa branca por riba da cal colocaban senllos "panos marinos", traídos polos emigrantres de Ultramar, que ían cruzados en cada ombro. Na actualidade, debido a súa escasez foron substituídos por uns panos dunha gran variedade cromática, que recibiron o nome de "portugueses", que van cruzados polo peito e atados na parte detrás. Ademaís, a cabeza vai cuberta por unha tea de gran cromatismo, que une os seus bordos na parte posterior. A vestidura inferior está formada por un pantalón, que nos seus inicios era un calzón de cor branca, e paseniño coa chegada das teas comerciais foise cambiando por un de cor amarelo e vermello. .Logo, leva unha especie de calzas ou medias, que cobren as pernas dende os nocellos ata os xeonllos, e que se abrocha dende o exterior. Como remate, uns zapatos novos. Á vestimenta do volante engádeselle un caxato de cana, que ten como función que o volante poida camiñar dunha maneira axeitada polos camiños e tamén para soster "ao pucho" nas paradas.
Os volantes levan na cara unha caraúta artesanal, que se realiza seguindo os seguintes pasos: 1º. Faise unha mestura líquida de fariña e auga. 2º. Prepáranse follas de periódico que teñan poucas fotos e cor. 3º. Logo, cunha brocha (pincel grande) úntase a masa, resultante da mestura, a dúas capas de periódico, que van superpostas. 4º. A continuación, colócase por riba destas dúas capas de periódicos un farrapo, que antano era de liño, ao que se lle bota tamén masa liquida. 5º Posteriormente, poñense dúas capas de periódico enriba do farrapo (especie de tea), unha con masa e outra sen ela, para que non se pegue "a forma" ou "molde". 6º. Seguidamente, poñense uns carolos de millo ("carozos") na parte dianteira da potencial caraúta para que vaia collendo a forma do nariz e dos ollos. Logo, enrólase cun cordón, que ten que ir moi presionado "a forma" ou "molde", e introdúcese no forno.7º. Xa no interior do forno, vaiselle dando algunhas voltas para que a cocción sexa o máis completa posible. Esta soe durar uns vinte e cinco minutos, sempre e cando o forno esté moi quente. 8º. Rematada a cocción, sácase a caraúta do molde e realizanselle cun ferro moi quente ("ao roxo vivo") os diferentes buratos para os ollos; boca; e nariz, así como para colocarlle a goma, que suxete a parte posterior da cabeza á caraúta. 9º. Despois, cóbrese cunha capa de ovo batido para que a carantoña teña un aspecto de vellez. 10º. Como remate, cada volante ornamentaa como o considera máis adecuado; no obstante, sempre usando tonalidades negras Non se permiten outros cores. A elaboración das caraútas corre a cargo de Xoán Carlos González quen usa varios moldes de madeira, algúns de cesión temporal. Antano, os volantes tiñan a súa cara tapada coa caraúta; isto daba lugar a que ninguén, agás os maragatos, que acompañaban a cada volante, soubese a súa identificación. Hoxe, os volantes poden levala adherida á cara, ou tamén por riba da cabeza.
Ademaís, leva un cinto de campaiñas na cintura. Cómpre sinalar que dende sempre houbo dous cintos: o cinto grande e o cinto pequeño. O "cinto grande", levado sempre Achegas sobre o entroido na Provincia de Lugo (11) por un volante veterano, consta de dúas bandas de coiro de marrán ou xabarín, das que colgan vintecinco campaíñas. O "cinto pequeño" posue o mesmo material que o grande; no obstante, consta de vinte campaíñas. Na actualidade, debido a que saen varios volantes, realízanse cintos, que van provistos de vinte. dazaoito, e dazaseis...campaíñas, segundo a idade do volante. Ademaís, dende hai uns quince anos fanse uns novos cintos de pel de becerro e cabalo, dos que penduran de catorce a dez campaíñas. Estes van destinados aos cativos, que fan de volantes, segundo a súa idade. Baixo o cinto, o volante leva un tecido de saco para protexerse dos golpes das campaíñas. Por riba do tecido viste unha faixa vermella ou azul. As campaíñas producen sons diferentes, o que motiva diferenciar entre dous tipos: os machos, que orixinan un son grave, e as femias, un son agudo. Noutrora, nos días previos ao Entroido as campaíñas, xa dispostas nos correóns (cintos), soaban todas as noites pola parroquia, xa que conviña que encaixasen ben no cinto, para que nos días do festexo soasen dun xeito adecuado. As campaíñas boas colocanse no "cinto grande", que vai portar un volante veterano. O resto vai para outros cintos en función da veteranía, idade, capacidade física etc. Un mes denantes da chegada do Entroido Xoán Carlos González vai na procura de campaiñas a diferentes parroquias dos concellos de Carballedo (Lugo), Oseira (Ourense), Carballiño (Ourense), Cea (Ourense), Rodeiro (Pontevedra)…Logo, ao rematar a festividade devólveas o máis axiña posible. Desta maneira, pode garantir que nos anos vindeiros llas sigan deixando.
Finalmente, para rematar con esta mascarada temos que falar do "pucho". Trátase do aparello máis peculiar e vistoso do Entroido de Santiago de Arriba. É portado por un volante veterano, que teña resistencia física e vigor, xa que ademaís de soster os trinta kilos do pucho e das campaíñas, ten que estar danzando a un ritmo uniforme tanto pola mañá como pola tarde. Este utensilio está composto dunha serie de elementos que lle dá ao conxunto unha visión rechamante. 1º. O seu sostén é un armazón de arames e vimbios, que asemella a forma do camarín da Virxe do Perpetuo Socorro de Santiago de Arriba. Antano, o pucho facíase con ramas de vimbieira, que eran delgadas e flexibles. 2º. Ao entramado ou armadura van adheridas moitas flores de diferentes cores, realizadas con papel pinocho. Hai anos as flores eran realizadas con berzas secas e follas de millo rizadas.3º. Neste armazón tamén van fixados cinco penachos de plumas de diferentes cores. Dous a cada lado do pucho e un no centro. Noutrora, collíanse do camarín da Virxe. Hoxe, úsanse uns traídos de Ultramar. 4º. Ademaís, o pucho porta dúas bonecas: unha colocada na parte frontal e a outra na súa parte posterior. Hai anos, eran de trapo. 5º. Como remate, cómpre sinalar as colonias, tamén chamadas cintas ou fitas, que penden dos extremos desta armadura semi-esférica e que chegan ata o chán. Antano, as colonias eran fachos de palla. 6ª. O pucho tamén leva no interior da armadura unha cavidade na que o volante pode introducir a súa cabeza. Ademaís, leva uns largueiros de madeira, que o volante vai empregar co bastón pra aguantar mellor o armazón. Na actualidade, a única persoa que sabe elaborar as flores do pucho, segundo a tradición parroquial, é Marisé Rei quen, utilizando como guía as fotos antigas, acadou paseniño realizar as auténticas. Finalmente, o volante co pucho por riba da súa cabeza vai brincando e movendose cunha adecuación entre ambas as dúas pernas, que posibilita un constante e ritmico son nas campaíñas, mentres que as colonias, de diferentes cores, voan polo aire. Hai a tradición de que un bo volante non debe deixar tocar no chán as cintas ou colonias .
A segunda máscara de carácter animal nesta provincia é a do "Oso de Salcedo".
O luns de Entroido, antes da saída do oso, un pequeno grupo da localidade adícase a recitar unhas cantigas de cego, nas que se fai alusión a algúns eventos ocurridos na comunidade. Logo, sobre as cinco e trinta da tarde oénse voces, que anuncian a chegada do célebre plantígrado: ¡ Aí ven o oso! ¡ Aí ven o oso! . Polo cume dunha das rúas de Salcedo xorde un persoeiro enigmático, vestido con peles de ovella e unha caraúta, que asemella a un oso. Inicialmente era levado amarrado cunhas cadeas por un número variable de servos para soltalo a continuación entre a veciñanza da localidade e demais asistentes. A aparición do oso, anunciada tamén polo repicar dunha campaiña, provoca continuas carreiras e gritos no público asistente, que alborotan a toda a localidade. O animal non respeta a ninguén ata o punto que irrumpe nos bares para acceder as súas presas. Nesta tarefa o oso conta coa importante colaboración dos seus servos, que suxetan ás victimas, para que logo poida tisnalas con "sarrio" e, mesmo, tirar ao chan a máis dunha. As continuas persecucións, que manteñen tanto o oso como os seus criados con respecto aos asistentes ao acto, continuan ata o anoitecer, momento no que o ritual festivo remata, debido preferentemente á fatiga, que amosan tanto o animal como os seus servos.
Hoxe, contamos con varias interpretacións sobre o oso de Salcedo, dadas por investigadores, que analizaron non só a este oso cercano á serra do Caurel, senón tamén a outros doutras vilas e cidades, pertencentes ao Estado español. Para algún, a representación deste animal podería simbolizar o medo que os habitantes desta zona tiñan aos osos, que baixaban ás albarizas cercanas a Salcedo para se alimentar. Asi mesmo, podemos encontrar simboloxías que relacionan a este plantigrado coa Lúa . Así, segundo o pensador francés Gaignebet, nas sociedades antigas europeas asociábase aos osos cos seres do inframundo, xa que se creía que os seus espíritos vivían no interior da terra, e o oso no seu letargo invernal permanecía nunha cova durante uns meses. Comentase que se o oso ao despertar sae da cova e o ve todo negro –periodo de lúa nova- remata o periodo invernal; mais se é lúa chea volverá a dormir corenta días máis. De aí que nos carnavais dalgunhas localidades españolas e europeas non é estrano ver como os mozos se tisnan de negro para que o oso o vexa todo negro.. Por outra banda, o profesor Yvon Dupouy menciona que noutros lugares os criados relacionanse máis coa figura do cazador e defenden ás victimas, de tal xeito que non dubidan en matar ao oso. Pola contra, en Salcedo o oso é unha importante entidade á que se lle rende veneración para que protexa á comunidade. Constitue un importante símbolo, que anuncia a primaveira e ao mesmo tempo mostrase benefactor da fertilidade, que ten lugar na mesma. Trátase dun oso que entra na localidade de Salcedo como rei da festa, que se vai celebrar, mais tamén marcha da mesma con ese status. Tamén , cómpre ter en conta a opinión do etnólogo francés Jean Dominique Lajoux quen nos dice que as mascaradas protagonizadas por osos son pervivencias lejanas de una religión de origen paleolítico, un antiguo culto al oso, que existió en todos los lugares donde viven o vivieron estos animales. Finalmente, convén facer alusión a que no ano 2008 o traxe e a máscara do oso de Salcedo pasou a formar parte da colección permanente do Museo Internacional do Carnaval e da Máscara, situado na localidade belga de Binche. Isto motivou que a Asociación de Veciños de Salcedo tivese que encargar novas peles para realizar de novo o traxe do oso e a súa máscara.
Finalmente, no "Entroido de Val de Franco" (Castro de Rei) hai a "mascarada dos fareleiros", que está composta de tres ou máis persoas, que portan unha vestimenta de cor branco e unha caraúta de trazos sinistros. Nas súas mans portan un bastón do que pendura un saco de fariña na súa parte inferior. Antano, a finalidade dos fareleiros era protexer ás persoas, que acudían a ver " a corrida do galo" dos xinetes, que participaban na mesma. Hoxe, a súa finalidade é protexer ao Entroido, non permitindo que as persoas se acheguen moito a él; e, tamén, cando vai a ser queimado están atentos de que ningunha persoa se acerque a fogueira. A caraúta dos fareleiros, amosa moitas veces un carácter animal, representando a un mono; tamén, a un oso, como ocurriu no ano 2025.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES