As outras realidades da captura de Mamede Casanova
Rivero, Manuel - miércoles, 05 de agosto de 2026
A historia oficial, contada pola prensa de principios do século XX, converteu a detención de Mamede Casanova, alcumado Toribio, nunha fazaña épica. As diferentes crónicas mostraron ao crego de San Xoán do Freixo, o vilalbés Antonio Prieto Poupariña, como un home sereno, paciente, astuto e valente que, a través dun diálogo, cálido, persuasivo e amigable, logrou vencer as desconfianzas de Mamede e atrapalo coas axudas coordinadas dentro da casa reitoral.
Cando se comparan as crónicas da época ca hemeroteca máis recente e a microhistoria local, o relato perde consistencia. As investigacións e testemuños directos dos descendentes dos protagonistas, rescatados despois de máis de cen anos por os diarios El Progreso de Lugo e La Voz de Galicia, revelan unha realidade diferente, ao tempo que, de forma sutil aparecen dúas novas variables que son: a importante suma da recompensa por a captura de Mamede, 1.500 pesetas, naquel tempo representaban unha suma considerable, tendo en conta que o salario diario dun traballador estaba entre dúas e tres pesetas e a dúbida do papel de confidente do crego coa Garda Civil.
No diario El Progreso do día 9 de febreiro do 2026, encontramos información que nos axuda a entender aquel quebracabezas, ademais a segunda noticia do mesmo diario do día 12 de xaneiro do ano 2020, danos indicadores fiables da relación previa entre Mamede e o crego:
"El relato de Juan Ramil
El cura encontró a mi padre, Xan do Pulgón, que iba para el monte a buscar las vacas y le dijo que a la noche le esperaba para jugar a las cartas y que tenía planeado detener a Toribio en combinación con la Guardia Civil", explicaba Juan Ramil Barja, el hijo de uno de los implicados en la presunta encerrona, en un documento en el que recogía la historia.
Su padre aceptó, y también lo hizo su tío, Antón do Pulgón, que jugaron a la baraja junto al temido bandolero, que tenía que autorizar cualquier movimiento en el interior de la casa rectoral.
El cura, con permiso del invitado, fue a beber agua. Tenía buena constitución y confiando en sus propias fuerzas echó los brazos para sujetar a Toribio y los rapaces se echaron encima", contaba en su relato Ramil, que aseguraba que al momento acudieron los guardias que estaban ocultos en la escalera, y que lanzaron algunos disparos. Antón do Pulgón resultó herido. También el bandolero, que fue llevado "en una tabla" para la Organización de Justicia de Ortigueira, poniendo el punto y final a una larga trayectoria delictiva" (1).
"El año 1904, [1902] el famoso bandolero Mamede Casanova le pide ayuda al cura de O Freixo -dentro del actual municipio de As Pontes de García Rodríguez-, para escapar a América, pero el sacerdote avisa a la Guardia Civil y Mamede es detenido (2).
Xosé Antón Pombo, correspondente da Voz de Galicia desde Vilalba o día 2 de novembro do ano 2014, apórtanos información, que se complementa coa anterior:
"Pero o apreixamento de Toribio non foi labor individual. Tiveron nel unha destacada participación os mozos veciños do lugar do Pulgón -Xan do Pulgón, o ferreiro Antonio Pita, Andrés Fontao...-, así como a sobriña e afillada de Prieto Poupariña, Carmen Cascudo, de 14 anos, ademais tres gardas civís que rondaban a zona.
Os acontecementos desenvolvéronse así: un veciño tróuxolle aviso ao cura de que saíse fóra porque Toribio, armado, quería «pedirlle unha esmola». Antonio Prieto, con certa arte, logrou convencelo de que entrase na reitoral porque quería falar con el e convidalo á cea e a café. Toribio desconfiaba, pero aceptou. Falaron mentres Carmen, con moito medo, cociñaba e lograba dar aviso aos mozos de que lles valesen.
Nestas tamén chegaron os gardas civís, que se puxeron alerta. Cos mozos xa dentro da cociña coa desculpa de xogar unha partida e cos gardas dentro da reitoral, Mamed foi reducido sen que lograse botar man aos dous revólveres que tiña ao cinto nin á escopeta que tiña ao seu carón.
Na filateira ocasionada resultaron feridos de bala o propio Casanova e Antón do Pulgón. Aquela mesma madrugada, e alí mesmo, o bandido foi atendido polo médico das Pontes e ao día seguinte levado en angarellas ao cárcere de Ortigueira.
Por apreixar a Mamede Casanova as autoridades ofrecían unha recompensa de 1.500 pesetas, unha fortuna naquel tempo. O cura cobrouna meses máis tarde pero nunca a repartiu cos mozos que lle axudaran malia a palabra que dera. Ese recordo aínda está vivo nos descendentes dos homes daquela novos" (3).
NOTAS:
1. https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/cura-que-capturo-bandido-mas-temido-acabo-siendo-confesor-rey-alfonso-xiii-tenia-raices-pueblo-luzo/202602091115421941603.html
2. https://www.elprogreso.es/articulo/album-de-los-lucenses/antonio-prieto-pouparina/202001211934051418515.html
3. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2014/11/02/crego-vilalba-non-tina-medo-loitar-contra-os-bandidos/0003_201411L2C9992.htm

Rivero, Manuel