Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 10 de julio de 2026
Estou aquí

Empezo a asimilar que estou aquí, na terraza da cafetaría. Acabo de chegar. Hai un pouco andaba por aí; estaba noutro lado. Como non me multiplico, só podo estar nun sitio. Antes estaba alí; agora, aquí.
No fondo todo é moi simple: ser ou estar. Xa está. Non hai nada máis. Ou, como dicía tamén aquel bardo, ser ou non ser; é dicir, estar ou non estar.
Pingas de Orballo Nada de buscarlle tres pés ó gato nin de poñerlle rodas á Perla Negra. A nave navega, e con iso abonda. O gato andará á xaneira ou seguirá ó seu aire, que de parvo non ten nada.
Estou aquí. Só aquí. Mesmo nesta cadeira e non na da miña dereita nin en ningunha das que teño enfronte. Estou aquí porque xa non estou no paseo do río dos Muíños. Hai un anaco andaba por alí. Pero... que se di do tempo? Que pasa e que todo cambia. Do paseo pasei á nugalla; da lectura, ó café. E así outras cousas semellantes que agora non me apetece contar. Lembrade que usei a palabra nugalla, e cando hai nugalla, as ganas de facer algo son efémeras.
Efémera. Gústame esa palabriña. Algo que pasa rápido, que pasa axiña, que dura pouco. Breve. Fugaz. Fuxidío. Pasadío. Pasaxeiro... E tampouco sigo pola nugalla.
Estou aquí. E, agora si, por pouco tempo. Porque, como xa levo un tempo aquí, toca marchar para outro lugar, para estar noutro sitio. Permanecer sempre no mesmo acaba por aburrir, mesmo cando se está ben. Ademais, necesito sentirme nómade, ambulante, itinerante; vagabundo xa menos.
Estou aquí.
Marcho para alá.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES