Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Repartidores de felicidade

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 09 de julio de 2026
Temos moitos motivos para ser felices; pero perdemos unha parte da vida lamentándonos tanto a nivel individual como colectivo.
Os humanos somos así.
Os medios de comunicación bombardéannos con noticias tráxicas.
Claro que tódolos días pasan cousas tristes que nos rompen o corazón; pero tamén as hai moi boas que non se lles dá a importancia que teñen.
Din que o medo garda a viña e que por eso o empregan para ternos controlados.
O medo controla e o poder tamén.
Pero as boas noticias estimúlannos e sóbennos os ánimos.
A cara positiva da vida merece a pena tela en conta porque nos produce hormonas de felicidade.
RAZÓNS HAI PARA SER FELICES
Salientaremos tan só algunhas:
-CANDO DSPERTAMOS CADA MAÑÁ CON VIDA:
Estamos alegres e compartimos o saúdos de bos días coas persoas coas que nos encontramos repartindo entusiamo e ganas de vivir.
-CANDO TEMOS SAÚDE:
Dispoñémonos a emprender novos retos que nos producen espírito de superación e felicidade desbordantes.
E, como non nos cabe no corazón...
Imos e compartímola cos persoas que nos rodean.
-CANDO TEMOS UNHA FAMILIA:
Coa que compartimos os sentimientos máis nobres do ser humano.
-CANDO TEMOS LUCIDEZ MENTAL:
Adquirimos coñecementos que nos permiten enriquecemento persoal e social compartíndoos con outras persoas
-CANDO TEMOS ALIMENTOS:
Comemos nós e máis podemos compartir mesa e mantel con outros.
-CANDO DISRUTAMOS DOS AVANCES DA MEDICINA:
Gozamos de bo trato sanitario erradicando moitos males.
-CANDO NOS SENTIMOS VALORADOS:
Porque moitas persoas agradecen a nosa maneira de proceder.
-CANDO TEMOS FE:
Confiamos na Providencia e sentímonos arroupados polo mesmo
Deus e por tódolos crentes esparexidos por todo o mundo.
O certo é que todos gozamos de moita felicidade e sentimos unha necesidade imperiosa de compartila, porque ó compartila, multiplícase.
A FELICIDADE COMPARTIDA, MULTIPLÍCASE
Comprobámolo na vida diaria:
-CANDO NOS SAUDAMOS con persoas queridas, espándesenos o corazón
-CANDO DÁMOS BOAS NOTICIAS alegrámonos e alegramos.
-CANDO DISFRUTAMOS DE BOA COMPAÑÍA, é unha a gozada.
-CANDO COMPARTIMOS CON AMOR pequenos detalles.
-CANDO FELICITAMOS A ALGUÉN polo seu santo, polo seu cumpreanos, porque superou unha enfermidade ou aprobou unha oposición...
-CANDO FACÉMO-LAS PACES con alguén.
A paz é un ben moi preciado e cando se rompe, rómpense dous corazóns.
Pero cando se restaura, quedan curados.
Pódese repartir felicidade de múltiples maneiras máis, cando se nos presente a ocasión...
DISEÑO PERFECTO
Está tan sabiamente diseñada a vida que non hai un só día na nosa existencia que non teñamos a oprtunidade de repartir felicidade para estira-las almas e alegrar os corazóns das persoas que nos rodean.
Ó mesmo tempo enriquecémonos psíquica e moralmente.
Cando repartimos feilicidade é porque a disfrutamos e sabemos agradecela.
Eso xa é unha riqueza de valor incalculable.
Produce paz no corazón do que a dá e tamén no de quen a recibe.
O enriquecemento é mutuo.
Pero aínda así, hai moitas cousas que non se entenden.
"COUSAS QUE NON SE ENTENDEN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES