A ética aplicada á Biotecnociencia (3)
Rubal, Pedro - viernes, 07 de agosto de 2026
E insisto. Ninguén necesita tanto do consentimento informado como os participantes nos procesos de produción de innovacións biotecnolóxicas, que afectan a alimentación, en cuanto poden incidir na produción e o comercio, o que non incumbe só á expertos e produtores, senón tamén á maioría que deben tomar parte nas decisións, evitando, que unha minoría busquen atractivos anuncios económicos, sen considerar intereses sociais, culturais e ambientais. Son diversas as razóns polas que a Humanidade debe establecer neste campo da tecnociencia directrices de carácter ético para regular a produción de bens biotecnolóxicos, especialmente transxénicos, porque este mundo, como afirma o Dr. Linares, xa no é natural, aínda que teña compoñentes de organismos naturais subsumidos. A mesma natureza transfórmase en "bioartefactual", é dicir, que podemos falar dunha era da "bio-arte-factualidade", na que hai unha capacidade para transmutar a materia viva, introducindo cambios substanciais na natureza, ata tal extremo que xa se escribe sobre o deseño dunha célula sintética que pode medrar e reproducirse, ensamblada con compoñentes químicos non vivos; e, por suposto, revoluciona a enxeñaría biolóxica.
Isto lévanos a pensar que a análises ética e bioética non se concentra só nos efectos sobre o benestar e a condición humana, senón, ademais, nos ambientais, derivados da mesma transformación industrial a gran escala de organismos vivos, xenomas e especies; pero tamén nos leva a considerar a ontoloxía deste novo mundo, integrada nun sistema de artefactos. Velaquí a razón pola que os especialistas falan dun mundo tecnolóxico no que nada queda fora -di Linares- deste entorno "artefactual", no que a natureza e os organismos vivos subsúmense nas formas "bioartefactuais". O problema está en que non sempre se elixe a mellor técnica, por criterios e valores técnicos, senón atendendo esixencias do mercado mundial, a competencia entre capitais, empresas tecnolóxicas e nacións. Entran aquí os contextos económicos, ecolóxicos, políticos, sociais, que marcan os intereses aos que queren responder, que é o que hai que ter presente.
Non quero enrolalos, pero esta temática experimentou unha tal extensión que fai difícil informar do necesario para levar a comprensión o puntual, como é o caso da ética, sobre todo porque da biotecnoloxía espérase, ademais da escala industrial de organismos vivos, os biocombustibles, a xeración de bioelectricidade, os compostos bioquímicos, biomateriais, nanomáquinas biolóxicas, armas biolóxicas, etc. Incluso, e non se sorprendan, os cultivos que alimentan aos seres humanos, como o trigo, o millo, que non son considerados como naturais, porque media unha combinación de calidades xenotípicas derivadas dos cruces que realizaron os agricultores durante séculos, actuando con elementos agroquímicos, que incluso se revelaron, nalgún caso, nocivos, como o DDT, selección e inseminación artificial, estimulación hormonal, uso intensivo de antibióticos, etc. (Dr. Linares). E o problema xorde na tecnoloxía dos transxénicos, sexa cultivos ou animais, porque se persigue principalmente un incremento das producións con aditivos químicos, e o xogo irresponsable cos xenes da lugar a incertezas. Aquí a tecnoloxía do ADN "recombinante" permite esa transferencia de calidades xenéticas dun organismo a outro, incluso dunha especie a outra. E, evidentemente, todo isto abre o canle a aplicación ética, á vez que a xustifica.
Non hai dúbida de que se abren novas posibilidades tecnolóxica, pero estas arrastran novas responsabilidades sociais, xa que os organismos bioartefactuais entran en interacción no mundo natural con todo o demais, pois os bioartefactos non proceden, neste caso, de cruces naturais e, por conseguinte, son obxecto de responsabilidade, ao menos en canto poden ocasionar efectos indesexables, tanto na saúde pública como con deforestacións, intoxicacións, etc. Así que os responsables deben facerse eco disto tomando toda clase de precaucións nos análises científicos correspondentes, prestando toda clase de atencións ás conclusións obtidas nos debates celebrados ad hoc, sociais e de matiz ético-político, evitando as consecuencias rexeitadas desta clase de produtos técnicos, e preservando e protexendo o estado biolóxico actual, mediante unha adecuada supervisión e conseguinte avaliación do alcance das realizacións tecnocientíficas.
Polo que respecta ao PRINCIPIO ÉTICO DA PRECAUCIÓN, que recolle Linares na súa citada obra, e ven a dicir que non hai que pensar que se renuncia a progresar biotecnicamente, senón que é mester non perder der vista a evidencia da incerteza dos efectos negativos das innovacións , que se soen xustificar irresponsablemente. Así, pois, botar a man deste principio é incuestionable. A súa aplicación e o de RESPONSABILIDADE requiren control exhaustivo e regulación de produtos transxénicos en bioartefactos como alimentos e noutros moi diversos. A razón desta precaución responsable con estes produtos está en que non son organismos naturais, silvestres, senón biotecnolóxicos. E esta precaución debe centrarse na posibilidade de transferencias do tipo que sexan, levadas a cabo horizontalmente, ou, por suposto, realizando descendencias de xenes que determinan efectos negativos; pero tamén se se detectan efectos alérxicos, sen descoidar a protección dos pequenos agricultores ante as grandes compañías. Aínda máis, porque este principio pode resultar incluso positivo estimulando coa súa correcta aplicación a procura de novas iniciativas, xa que debe aplicarse entre produtores, o Estado e institucións sociais con competencias de supervisión.

Rubal, Pedro