Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

UCIN Galicia reclama un Plan Integral de Humanización dos Colexios Galegos e a incorporación de enfermeiras escolares en todos os centros

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) - martes, 07 de julio de 2026
José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, demanda un compromiso firme das administracións para modernizar os centros educativos e reforzar a atención sanitaria ao alumnado.

UCIN Galicia solicita á Xunta de Galicia a posta en marcha dun Plan Integral de Humanización dos centros educativos galegos cun horizonte de execución de dous anos, co obxectivo de mellorar as infraestruturas, a UCIN Galicia reclama un Plan Integral de Humanización dos Colexios Galegos e a incorporación de enfermeiras escolares en todos os centros calidade dos espazos escolares e o benestar do alumnado e do persoal docente.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, considera prioritario acometer actuacións que permitan adaptar os colexios ás necesidades actuais, incluíndo a creación de espazos máis accesibles, sostibles e seguros, a mellora da eficiencia enerxética, a modernización das instalacións e a ampliación das zonas verdes e de sombra nos patios escolares.

Ademais, UCIN Galicia reclama a incorporación dunha enfermeira escolar en cada centro educativo, unha medida que considera fundamental para garantir unha atención inmediata ante emerxencias, o seguimento do alumnado con necesidades sanitarias específicas e o desenvolvemento de programas de educación para a saúde.

"Os centros educativos deben ser espazos pensados para as persoas, onde a educación, a saúde e o benestar vaian da man. Galicia necesita un plan ambicioso que permita dar un salto de calidade no sistema educativo e ofrecer ás familias os servizos que demandan”, sinalou José Luis Calo.

Desde UCIN Galicia defenden que o investimento en educación e saúde escolar constitúe unha aposta estratéxica de futuro, contribuíndo á igualdade de oportunidades, á conciliación familiar e á mellora da calidade de vida da comunidade educativa.

A formación fai un chamamento ás administracións públicas para abrir un proceso de diálogo cos concellos, as ANPAS, os equipos directivos e os profesionais sanitarios co fin de definir e executar un proxecto que sitúe a Galicia á vangarda da educación e da atención ao alumnado.
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES