Haminetu Haidar e a Xustiza Universal
Cardalda, Theo - lunes, 14 de diciembre de 2009
Ante a denuncia posta por Haminetu na Audiencia Nacional, o xuíz Velasco ve indicios de delitos de lesa humanidade, pero non pode pescudalos en España pola reforma da LOPJ , 6/1985 do 1 de xullo, artigo 23/4 que contemplaba o Xenocidio e lesa humanidade como competente a xurisdición española para coñecer os feitos cometidos por españois ou estranxeiros fora do territorio nacional.
A nova disposición aprobada polas Cortes e rectificada polo Rei o 3 de novembro de 2009, dálle unha volta de parafuso con malas intencións, onde entre outras disposicións di: ...los Tribunales españoles de los anteriores delitos deberá quedar acreditado que sus presuntos responsables se encuentran en España o que existen víctimas de nacionalidad española....
Este recorte da Xurisdición Universal foi unha soberana baixada de pantalóns. Lei votada conxuntamente polo PSOE e mailo PP, foi froito do pacto entre eles para impedir que a Audiencia Nacional xulgase un bombardeo de Israel sobre Gaza no ano 2000, e tamén preténdese con esta reforma evitar que os presos de Guantánamo que sexa traídos a España poidan denunciar ao imperialistas de USA por vulneración dos Dereitos Humanos. Baixada de pantalóns ante as vociferacións e inxerencia no noso país do embaixador de Israel en España.
Agora faise evidente as consecuencias nefastas que supón a modificación solapada sen case luz e taquígrafos da modificación da Lei coa pinza PSOE e PP. Con isto, podemos dicir que reduciron a xurisdición española ante crimes graves contra os dereitos humanos.
Ou sexa, o goberno socialista en resposta ás presións de Israel e o Lobby xudeu de USA, que comezaban a tremer ante a posibilidade de que uns xuíces estranxeiros pescudaran e encausaran os seus crimes político-militar contra a humanidade, perpetrados en Gaza contra a poboación civil palestina, troca a lei. O brazo de Tel Aviv é moi longo e a vergoña deste goberno moi curta. Agora voume decatando que as nosas leis as fan os sionistas e o Mossad.
Non soamente fan a pinza estes dous partidos no Parlamento español, senón que en Europa é vergoñoso, votando co PP en políticas neoliberais, as estatísticas o corroboran: PSOE e PP votaron neste Parlamento Europeo en un 70 por cento dos casos e tratan de ocultar en España a súa afinidade en Europa. Nos últimos cinco anos, de un total de 6.149 votacións, populares e socialistas puxéronse de acordo en 4. 286. Unha das últimas votacións foi a de elixir a Barroso como presidente, sendo este Sr. un dos culpables da guerra de Irak lembrado pola súa famosa foto das Azores. Nesta votación quedaron coa boca aberta tódolos socialistas de Europa.
Esta é a famosa Pinza: PP-PSOE, por se alguén ten dúbidas (Non a de IU a que falaban todo o PSOE ao unísono). Mentres non se troque a inxusta Lei Electoral (entre outras cousas), non haberá unha esquerda posibilista, nin contrapeso a estes neoliberais que se din de esquerdas, que están cunha man no corazón e a outra non bolso
Ante esta reforma da Lei, o que ninguén pensaba do partido do goberno que teriamos a unha pacifista como Hamenitu Haidar en folga de fame en territorio español pola causa e acción delictiva contra eses dereitos humanos dos servidores dun reino feudal que masacra e tortura aos saharauís que loitan por un pobo libre e independente, territorio vendido a Marrocos por uns salvapatrias que aínda hoxe teñen responsabilidades estatais e que todos coñecemos.
Esta é unha vergoña máis do bipartidismo e o trapicheo de votos e componendas, contra a dignidade española e universal.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora