Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A alegría de Xesús cos pequenos, e a súa invitación a acollelo

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 05 de julio de 2026
DOMINGO 14 (A) Za 9,9-10.- Sal 144 (145).- Rm 8,9.11-13.- Mt 11,25-30

+ Relouca filla de Xerusalén, chega o teu rei, humilde montado nun burro ( Za 9,9)

+ O Señor é bo para todos, agarimoso con tódalas súas obras (Sal 144 (145),9)

+Quen resucitou a Xesús, vivificará os vosos corpos mortais polo seu Espírito que habita en vós (Rm 8,11)

+Cargade co meu xugo e aprendede de min que son bo e humilde de corazón ( Mt 11,29)

A ALEGRÍA DE XESÚS COS PEQUENOS E A SÚA INVITACIÓN A ACOLLELO


1. Di Zacarías
que un rei modesto,
e vitorioso
ven cara nós.

2. Ven con ledicia
dar paz e reino,
e ven ao encontro
coma rei bo.

3. Non é un mesías
que anule o resto:
ven dar a todos
liberación.

4. ¡Que marabilla!
¡O Deus inmenso,
o Deus grandioso,
tan a carón!

5. Non ven con ira,
non é guerreiro:
ven a dar folgos,
e chama á acción.

6. Ofrece vida
con gran respecto,
e acolle os froitos
da comuñón.

7. Xesús é guía
dese evanxeo,
e dese soño
de curación.

8. El percibía
que o ben do ceo,
non chega aos doutos
polas razóns.

9. Pois só o acollían
os pequerrechos,
e os máis piadosos
de corazón.

10. E bendicía
con gran contento,
o paradoxo
de tal honor.

11. A luz divina
do gran Misterio,
chega ao seu pobo
só polo amor.

12. Por iso invita
ao seguimento,
e a dar apoios
de servidor.

13. E así alivia
ao renacermos,
medrando a fondo
no mutuo don.

14. E nos implica,
con el a sermos,
coma un só corpo
en boa unión.

15. Xesús, a dita
contigo a espero,
e en ti xa a probo,
¡grazas che dou!

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES