En canto a deberes para o crente, para o militante, son máis ben liviáns:
. Xaxún, para uns pobos que ata o de agora pouco tiveron que manxar.
. Rezo cotián, que nas soidades dos seus desertos non só o pide a alma senón tamén o corpo.
. Esmola, que non é ningún sacrificio nunha raza de seu hospitalaria e cabaleiresca.
. Guerra santa, defensiva, que esa é a que realmente predica o Corán, aínda que nos custe recoñecérllelo. Disto, de como hai que entender o seu guerrear, ou non entramos no tema ou habería que escribir un libro pois é unha cuestión complexa xa que habería que expoñer, e estudar, o contexto no que foi regulamentada ou aconsellada por Mahoma.
. Prohibición do jalufo e dos alcohois. Aí tedes que Mahoma, sen microscopio, entreviu a triquinose. Isto é outra evidencia de que foi un tío listo e precavido. O alcohol pouco problema era en Arabia, así que coido que foi porque non lle facía graza no seu gran sentido da dignidade persoal despois de coñecer que os fillos de Noé se riran de seu pai ao velo borracho; ¡simplemente de mosto, pois daquela das fermentacións pouco ou nada se sabería!
. En canto a iso das concubinas, tamén se quedou Mahoma no Antigo Testamento. Aquí habería que ponderar, á parte de costumes arcaicos e doutras circunstancias políticas, machistas, a de que a vella Jadisha non lle deu fillos varóns. Pénsese nos problemas íntimos dun Napoleón, que o temos máis cerca, e por tanto máis comprensible. Hai que poñerse no seu caso para non tomar isto a broma; e por conseguinte, ponderar que naqueles tempos a supervivencia tribal, fronte a hostilidades de todo tipo, só tiña asegurada unha certa fortaleza se non decaía a forza bruta dos seus homes, dos varóns.
En definitiva, o mundo eurásico débelle a primeira constitución, ¡doce séculos antes das famosas e revolucionarias Declaracións dos Dereitos Humanos dos occidentais! Isto, lamentablemente, pásanos bastante desapercibido, ¡e iso que presumimos de civilizados e de cultos!
Despois destas pinceladas históricas coido que podemos entrever certos contraluces do cadro islámico. Por exemplo, a súa resurrección espiritual da segunda metade deste século (XX), e o fervor panislámico, que aspira a unha acción conxunta e poderosa que dea rutas imperiais, novos días de gloria, aos millóns e millóns de crentes musulmáns que poboan a terra, desde o veciño, e non obstante descoñecido, Magreb, ata o distante Paquistán. Isto é unha cousa seria, isto é unha forza potencial inmensa, que segue latente pero que nos produce unha resultante sorprendente, simplemente porque os diversos gobernantes actuais do mundo islámico non queren renunciar ao seu feudalismo, aos seus reinos de taifas, e así cando lles xurde un gran califa con pretensións hexemónicas, aínda que sexa un tolo sanguinario coma o Saddam (que o lector se fixe na data na que escribín isto para o periódico), ben se viu como aglutina as simpatías e mailas vontades populares.
A todo isto, nunha rápida análise do presente, teño que subxectivar aquí algo que considero importante: a miña observación, no propio Marrocos, da convivencia entre árabes e xudeus. Débolle esta iniciación ao P. Gonzalo, franciscano por suposto, natural de Ribadavia, co que falei largo e tendido, polos anos 50, deste tema da contradición de que debéndolles os musulmáns aos xudeus as bases da súa cultura relixiosa se levasen tan mal con eles. En termos actuais definiríamos esta situación, esta constante histórica, como simple incompatibilidade de carácteres.
En Marrocos, e para mostra chega un botón, antes da independencia mandaban os xudeus; mandaban e controlaban en todo tipo de actividades de base financeira. Máis que mandar, mangoneaban; na economía, por suposto, pero tamén nos saberes. Entón os musulmáns aportaban os inmobles, as estruturas e mailas relacións persoais; e os xudeus conseguían as mercadorías no quinto inferno que fose, salvando ou eludindo habilmente as mil e unha trabas que tiña daquela o comercio internacional, a circulación das divisas. Nesta simbiose, os musulmáns xogaban cos franceses a publicanos, e os xudeus a escribas e fariseos.
Coa independencia, poñamos que do 56 ao 60, veu a resaca nacionalista e racista, magrebí, e os xudeus víronse obrigados a utilizar testaferros musulmáns, ou a emigrar coa hucha do Cid ao lombo. Pero esta nova situación durou pouco porque os marroquís deseguida se decataron de que o seu rol era rezar para que chovese paz e dólares, pero o regadío, a actividade, o mazo, era cousa dos xudeus. Se non deixan daquela de axotar nos xudeus, Marrocos baleirábase de industria, de iniciativas de produción, de médicos...; ¡e xa non digamos de comercio!
Desta sucinta análise retrospectiva séguese que é importantísimo, en tódolos sensos, terzar nas regras de convivencia da xente do Libro, ademais de por razóns e obrigas históricas porque, se non, as súas convulsións, os seus preitos, envolverán e learán a media humanidade, particularmente ao mundo cristián. Agora mesmo tivemos un aviso, un aviso que pasou por lobys poderosísimos da USA, e que aínda non se extinguiu pois dese terremoto quedan grandes axustes e desaxustes pendentes, como xa iremos vendo de aquí ao século XXI.
¿Receitas para esta convivencia, apuntes para esta sinatura que temos pendente? A principal delas non somos capaces de cumprila, que sería que os musulmáns visen nos cristiáns unha certa perfección, sequera como a que viu Mahoma nos Nestorianos; pero o noso fariseísmo fainos volver aos seus orixes, ao seu integrismo, en humana revisión e ansias de perfección espiritual, na que os occidentais lamentablemente non brillamos.
Así que só nos queda coñecelos algo mellor para tentar de introducirnos no seu mundo íntimo, na súa mentalidade, nas súas crenzas, para así ir establecendo, pouco a pouco, protocolos adicionais, consecutivos, de convivencia pacífica, de entente cordial; e por suposto, nada de pax romana, pois a pax das lexións estranxeiras é sempre efémera.
Xosé María Gómez Vilabella
-o-
Algúns datos aclaratorios e/ou curiosos
1.- No meu blog tamén están os meus libros, Cacería de Ciclóstomos en Ifni, Operación: Cuñada, Ifnada, e mailas A guerra de Ifni, referidos á que foi África Occidental Española.
2.- Refrescando a memoria:
Al-lal el Fassi, exiliado de la Zona ocupada por los franceses, estableció en Tánger, paradigmáticamente en el Café de París, su sede central.
"La verité sus les frontiéres marocaines". R.I.E. Documentos. Carlos Ruiz Miguel (10-10-2003): "En su estancia en El Cairo (1953-56) Allal El Fassi, presidente del partido marroquí Istiqlal elaboró sus teorías sobre el "Gran Marruecos", que sería una reconstrucción sui generis del territorio del antiguo imperio almorávide, comprendiendo todas las posesiones españolas del Norte de África (Ifni, la región de Villa Bens, todo el Sáhara español, Ceuta, Melilla y los islotes), toda Mauritania y buena parte de Argelia y de Malí, llegando hasta el río Senegal. Estas teorías nacionalistas, de endeble base histórica (como puso de manifiesto el dictamen del TIJ de 1975, sin embargo encontrarían cada vez un mayor eco político en Marruecos. La primera ocasión en que Marruecos va a adoptar oficialmente esta ideología será, como ha dicho Villar, el 14 de octubre de 1957, en los debates de la IV Comisión (Descolonización) de la Asamblea General de la ONU. Muy poco después, el 10 de noviembre de este año, se creará en el Ministerio de Interior de Marruecos una "Dirección General de asuntos saharianos y fronterizos", al frente de la que estará Fassi. Tras la muerte

del rey Mohamed V, el nuevo rey Hassan II asumió la ideología del "Gran Marruecos" en un discurso del 20 de agosto de 1961, para poco después, el 12 de octubre (Día de la Hispanidad) del mismo año, formular reservas sobre los territorios españoles en el Magreb".
-.-
Cuando las razzias de Al Mansur, éste puso cerco a las murallas de Lugo, donde, obviamente, les cerraron las puertas. Después de varios días de asedio, el Señor de Castroverde se asomó al adarve y lanzó a los atacantes unos bollos (bolos) y un cordero (año), para que celebrasen su Pascua, la Grande, la Kevira. No se sabe si por agradecimiento o por convencimiento de que el asedio iba para largo, la misma leyenda dice que Al Mansur levantó el cerco y lo trasladó a Compostela, donde Santiago, que no debe ser tan "matamoros" como le pintan, si les dejó entrar. De esta gesta se dice que deriva el apellido lucense de los "Bolaño", pero no es cierto ya que bolaños son las alturas, los montes, en forma de bollo, de bolo, tal y como es la geografía de esta parroquia, que fue el Castro Verde antiguo.
-.-
Franco, ¿el Africanista? Lo de menos fue protegerse con su Guardia Mora; el colmo de sus paradojas estuvo en designar a Mizzian Capitán General de la VIII Región Militar, a la que incumbía la guarda y custodia del sepulcro de nuestro Santiago Matamoros.
Gómez Vilabella, Xosé M.