Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plus de altos cargos

lunes, 14 de diciembre de 2009
Nun momento coma este é difícil de xustificar a existencia dun Plus de Altos Cargos na Xunta de Galicia ou en calquera outro organismo.

Os funcionarios non están excepcionalmente ben pagados, pero teñen garantido o seu posto de traballo de por vida. E co paso do tempo e os esforzos en formación e sucesivas oposicións ou outras probas, poden ir ascendendo no escalafón funcionarial.

O anterior goberno bipartito sacou da manga un plus de Altos Cargos que, só con percibilo dous anos, se consolida de por vida. No momento actual suscitouse o debate no Parlamento sobre a permanencia deste Plus resultando aprobada a súa continuidade cos votos do PP e do PSOE e a oposición do Bng.

Hai que lembrar que na anterior etapa gobernaban xuntos PSOE e Bng, e daquela naceu este Plus. Rexeitalo agora supón para o Bng rectificar algo que quizais descubriron non é políticamente rendible aínda que o sexa económicamente.

En calquera tema a debate as posicións encontradas atoparán razóns abondas para sustentar unha ou outra postura. Neste caso os que se opoñen á continuidade deste Plus argumentan -e con razón- que non están os tempos para estas gratificacións especiais nun momento de recesión no que a empresa privada está sufrindo importantes embates. Os que abogan pola existencia deste Plus, que gañan por maioría absoluta, estiman que deste xeito se obtén o mellor nivel de profesionais para servir na Administración, e que hai que pagar xenerosamente os que teñen postos de responsabilidade no servizo público.

A razón é un tanto floxa. Tanto, polo menos, como aquela vixente hai tempo de que había que pagar moi ben -excepcionalmente ben- ós inspectores de Facenda para evitar que tiveran malas tentacións nas súas relacións coas empresas.

Os cargos de responsabilidade precisarán compensacións especiais. Pero nos galegos en xeral non se comprende, e habería que explicárllelo moito mellor, ou seguirán a pensar que traballar na Administración -fixo ou temporeiro; funcionario ou político- é unha canonxía difícil de xustificar e de soster.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES