Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A de voltas que dá a terra! (4)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 12 de agosto de 2026
Datas e datos históricos do Al-Magrib
As tribos bérberes do Sur do Atlas nunca foron dominadas polos romanos, e polos sucesivos sultáns de Marrocos só esporádica e parcialmente.

Moulay Idriss el Akhbar (O Vello) era bisneto de Muhammad, e neto de Fatima, filla do Profeta, que casou con seu primo Alí. Herdeiro do Califato de Damasco, chegou a Marrocos sobre o ano 787, xa despois da vitoria omeya, que dividiu aos musulmáns en dúas seitas, a chiíta e a sunita. Daquela Fez foi a Bagdad de Occidente, pero os saadíes preferiron Marrakech a Fez, que volveu a resplandecer cos alauitas.

Tanxer volveu ao control marroquí no ano 1685.

Tiznit foi fundada no ano 1882, o que é unha evidencia do libre e insumisa que era esa zona próxima a Ifni. Os bereberes Chleuh (cheljas) foron ocupados por primeira vez durante a "pacificación" francesa dos anos 30.

O noso Protectorado estableceuse no 1912.

Os glaouis. Cando chegaron os franceses, en 1912, os glaouis foron capaces de impoñer a súa forma de goberno porque controlaban virtualmente todo o Sur. Madani, 1866/1918, co seu irmán H'Hami el Glaoui, 1879/1956, sofocaron a rebelión nacionalista de El Hiba, e prometeron lealdade, autoproclamándose pachás de Marrakech. Os membros desta familia convertéronse en caídes das principais cidades do Atlas e do deserto. Os franceses consentírono, e incluso lles deron armas, segundo testemuña Gavin Maxwell: "... para gobernar como déspotas, perpetuando a corrupción e tamén a opresión contra a que os europeos foran loitar".

Xauen foi tomada polos españois no ano 1920.

Entre 1921 e 1927 as tribus rifeñas fixéronnos retornar, retroceder, recluirnos, nos reductos melillenses. Tan aborrecida se viu España daqueles rifeños que, no ano 1925, algúns políticos presionaron para que España abandonase Marrocos, pero aos franceses convíñalles encomendarnos o control rifeño, te-las costas cubertas nun terreo malévolo, levantisco, e por engado, improductivo, así que nos axudaron a vencer a Abdelkrim, por pura comenencia!

Abdelkrim rendeuse aos franceses no ano 1926. Foi o primeiro nacionalista importante, só que á súa maneira. Os rifeños volveron ás andadas en 1955/56, pero desta vez contra Francia, que ben sabían que España, de momento, protexeríaos, e cando nos decatásemos do perigo, para daquela xa sería tarde. En Abril do 57 o sultán impúxolles gobernadores sureños, procedentes de Fez e de Casablanca, que foi a súa decepción; por iso, no 1958, os Beni Urriaguel rebeláronse abertamente.

Ata 1933 os franceses non deron sometido aos Señores do Atlas.

Os saadíes preferiron Marrakech a Fez, pero Fez volveu a resplandecer cos alauitas.

Ifni ocupouna o entón Coronel Capaz o día 6 de Abril do ano 1934. A reivindicación por España de Ifni (ou máis exactamente, da Pesquería de Santa Cruz de Mar Pequeña), remóntase ao Tratado de Tetuán, de 1860, que sinalou a conclusión da primeira derrota militar de Marrocos nos últimos 200 anos. Sidi Ifni, capitalidade do Ifni, foi construída sobre un acantilado, como ampliación do Amezdog inicial, con fascinantes e custosos edificios de estilo art decò, e con complicados traballos en ferro. ¡Un soño imperialista, unha cidade militar, colonialista; iso, Art Decò! Hoteis actuais: Hotel Suerte Loca, Hotel Bellevue (xunto á Place Hassan II), e arriba, na explanada de Tiradores, o Hotel Beau Rivage.

De Norte a Sur, antes da nosa fronteira, (Tabelkut), estaba a localidade de Mirhleft.

A "porta" do Sáhara é o poboado de Goulimine.

Casablanca, Casá, ou, Dar el Baida, durante os anos 40/50 foi o principal centro de levantamento contra os franceses; a súa masa obreira formou a base do partido socialista de Ben Barka.

Mellah, barrio xudeu.

Ribat, mosteiro fortificado.

Coa chegada dos franceses, Marrakech apoiou ao pretendente El Hiba. No resto do período colonial foi un feudo do Pachá T'hami el Glaoui, que morreu no 1956.

O Protectorado francés durou do 1912 ao 1956. Ata o ano 1933 os franceses non foron capaces de someter aos Señores do Atlas. Controlaron o Maroc Utile, séxase os chans productivos próximos a Rabat e a Casá.

No 1956 Fez perdeu gran parte da súa poboación xudea.

Ataque a Ifni: Na noite do 23/24 de Novembro do ano 1957. Pero xa tivéramos atentados terroristas con antelación a esa data.

Terremoto de Agadir, no 1960.

Mohammed V morreu no ano 1961.

A Marcha Verde, unhas 350.000 persoas, foi no 1975, con Hassan II, e Franco ás portas do..., do Ceo, ou do Purgatorio?

Os romanos dicían libio, por africano.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES