Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A desmemoriación

viernes, 11 de diciembre de 2009
O xenio, o talento e o espírito máis íntimo de cada pobo é a súa alma profunda que esvoaza coma unha invisible volainiña por enriba das nosas cabezas levando nas súas ás as palabras, os lexemas, os significados, os semas, os clasemas, os virtuemas... digo pois, que a alma máis profunda dun pobo está na súa lingua.

Grazas, Jules Michelet, pola túa aportación, polo teu saber antergo e misterioso, pola xenialidade que atopas na formación fónica dunha lingua que amamos, mais a desinformación histórica que se padeceu na nosa Galiza, fíxonos recuar un atraso secular e chegar ao que o noso grande dos grandes, o noso Isaac Díaz Pardo chamou a “desmemoriación” de Galiza, semellando mesmo lavarnos a tapa dos miolos coa lixivia do esquecemento, e marteleando ao longo dos anos o siso da nosa alma e o xuízo da súa presenza ata tales estremas dos eidos abandonados, que chegamos a renegar do noso, da nosa idiosincrasia enmarcada entre as silveiras do noso ser e as amoras do entendemento.

Somos vítimas propiciatorias dunha desmemoriación formulada polos poderosos do trasantonte para roubarnos o noso talento e a nosa lingua, e no fondo de todo, atópase a nosa alma galega que se mantén, aínda que tentaban e tentan que esteamos na mísera ignorancia e abandono, para eles poderse manter pacendo os bos prados de herba verde que enchen os vans dos bos postos do poder. Desgraza histórica a nosa, a do noso país esquecido e desoído polos nosos mecosos e ignorantes que non enxergan, nin malamente vocalizan unha palabra nosa, porén a desmemoriación hai que esixila e require unha contrapartida polo abandono histórico dunha lingua; igual que as rexións máis pobres teñen unha compensación monetaria, nós tamen temos que reivindicar e requerir máis diñeiro e máis importancia para o idioma noso, e mais antídotos e vacinas contra o veleno e o cancro da nosa triste e desgraciada desmemoriación.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania