Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 30 de junio de 2026
A sombra que quenta

O reloxo marca 28 graos. Nin falta facía que os marcase; a sensación é de trinta e pico. Será porque, a pesar da calor, estou na terraza dunha cafetaría, baixo a sombra dun parasol que, sospeito, é precisamente o que fai aumentar a temperatura.
Porén, aquí estamos, aguantando coma heroes. Á unha e media do mediodía. Unha animalada. Podería estar noutra terraza á que aínda non lle deu o sol, pero desde esta controlo mellor o salón do peiteado.
Pingas de Orballo Que carallo, máis se perdeu na guerra de Cuba. E na Guerra Civil española. Moito se fala da de Cuba, pero a nosa si que foi criminal: tres anos de batallas e corenta de submisión, sometemento e ditadura. As guerras duran máis do que se pensa. Sempre direi que o peor son as posguerras. Cando remata unha guerra, confías en que todo acabará mellor... ata que a realidade che amosa o auténtico odio, a auténtica xenreira e os auténticos traidores, que adoitan ser veciños, amigos e mesmo algún que outro familiar.
Algo semellante acontece coa censura ditatorial e coa democrática. Na ditatorial xa non falabas ni escribías cousas polas consecuencias, polo medo. Na democrática falas e escribes coa liberdade por bandeira ata que a realidade che amosa o revés, o golpe, a labazada.
O reloxo segue marcando 28 graos. A sensación térmica pasa xa supera os trinta e pico porque o parasol de lona dá máis calor ca o propio sol. Mais os heroes non se renden nunca e seguen ao pé do canón... ata que lles dea unha sufocación. Mentres, aquí paz (e en Cuba) e despois gloria.
Mentres, aquí paz (e en Cuba) e despois gloria.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES