Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A loucura por endeusamento en 'El primer loco' de Rosalía de Castro (3)

Otero Canto, Xosé - viernes, 10 de julio de 2026
Diciamos no artigo anterior que a loucura de Luis, protagonista da obra de Rosalía de Castro, "El Primer Loco" traía consigo concomitancias coa "Celestina" porque Calixto despois de ser enfeitizado pola Celestina considera a Melibea como un Deus, por iso na citada obra dinos o seguinte ; "¿Yo? Melibeo soy, y a Melibea adoro, y en Melibea creo y a Melibea amo". A amada convértese nun ser propio para adorar e, aínda máis, chega a ser motivo de crenza relixiosa ou a mesma relixión á que segue o namorado.

O mesmo ocorre co protagonista da obra de Rosalía, coa diferenza de que nesta, Berenice, nin está enfeitizada, A loucura por endeusamento en 'El primer loco' de Rosalía de Castro (3)nin está namorada, como sucede con Melibea na Celestina. Luis, o namorado coméntanos "Berenice, se me apareció, multiplicándose a mis ojos . . . La vi, ya en ese altar, ya en el otro, ya en el lugar que ocupaban las imágenes que en ellos se veneran." (Páx. 138).

Luis, o mesmo que Calixto, teñen endeusada a súa amada porque tamén a imaxinación de Luis colócaa nas fornelas onde se acubillan as imaxes relixiosas, que son motivo de rezo e de adoración, froito desa loucura que lle fai ver visións, segundo se observa neste parágrafo, "la vi orando en cada oscuro rincón del templo, la vi arrodillada en el coro, y, por último, atravesar bajo las oscuras naves y desaparecer por la puerta, llamándome antes amorososamente con su mano de marfil." (Páx. 138).

Incluso o seu tío antes de morrer, dille o seguinte: "deja de despreciar a los demás por esa mujer, que no es hecha de mejor barro que nosotros, y de colocarla en el trono altísimo en donde sólo Dios tiene puesto legítimo; porque todo es pura impiedad y ciega idolatría que traerá sobre tu cabeza tremendos castigos." (Páx. 148).

Este endeusamento da amada, recórdalle o seu tío, que lle traerá sobre a súa cabeza tremendos castigos por mor dese endeusamento practicado, porque tanto Calixto, na Celestina, como Luis, en "El Primer Loco", acaban morrendo por culpa dese tolo amor que os absorbe e lles quita os miolos, de aí que nesa conversa con Pedro, Luis dinos: "me entregué por entero a la adoración de Berenice, como el devoto que después de confesadas sus culpas cree encontrarse en comunicación más íntima con Dios."

Por iso, este amor necesita dunha entrega total, como se fose un devoto ou persoa profundamente dedicada, comprometida e consagrada á deidade de Berenice. Supón unha paixón á amada e a crenza cun fervor intenso e unha conexión emocional moi profunda, pois aquí a fe é a crenza dese amor, vén a ser como inha afección apaixonada e desmesurada por esa amada: "como si ella fuese el único bien terrenal e infinito que el Cielo me tuviese reservado en mi más allá, me propuse esperarla y hacerme digno de ella a los ojos del Eterno por medio de la paciencia y de la resignación." (Páx, 156).

DE CASTRO, Rosalía (1980).- Ruinas y El Primer Loco. Librería Gali. Santiago de Compostela.
DE ROJAS, Fernando (2011).- La Celestina. Edit. Bambú. Madrid.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES