Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'El primer loco' de Rosalía de Castro e o Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1)

Otero Canto, Xosé - viernes, 26 de junio de 2026
Será posíbel que a nosa Rosalía de Castro fose a chave e o pensamento da nacenza do primeiro psiquiátrico galego? De todos é sabido que a temática dos "tolos" está moi visíbel en todas as súas obras, tanto no eido poético como nos textos en prosa, mais hoxe imos referirnos única e exclusivamente á súa obra, "El Primer Loco", á que a mesma Rosalía cualifica como "Cuento extraño", e . . . por qué dicimos isto? Dicímolo 'El primer loco' de Rosalía de Castro e o Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1) porque a data de publicación da obra achégase ao ano 1881 en Madrid, da man da "Imprenta y Librería de Moya y Plaza", compartindo volume con outro relato titulado "El Domingo de Ramos."

Así a todo, a obra de Rosalía localízase tamén en Conxo, concretamente no mosteiro, xa que os personaxes: Luís e Pedro "los dos amigos se habían ido encaminando hacia el bosque por la puerta interior del claustro" . . . "los dos jóvenes se hallaron a orillas del río que atraviesa el bosque", é dicir, nas ribeiras do río Sar, onde os monxes fundaron alí, ao principio, un pequeno priorado dedicado á oración e ao traballo agrícola. Estas terras ao longo dos séculos, regadas polo Sar, abastecían a Santiago de Compostela. A mediados do século XVII pasan do amparo do arcebispado á orde franciscana que o reforma, coa pedra da muralla de Santiago, mais coa Desamortización de Mendizábal, no século XIX, os frades foron expulsados do mosteiro que quedou baleiro e abandoado.

Parece ser que a idea de crear un hospital para enfermos mentais en Santiago xorde na segunda metade do século XIX e concretamente nos antigos edificios do Mosteiro de Conxo, posiblemente tivera algo ou moito que ver a publicación da obra de Rosalía para que o Hospital Psiquiátrico de Conxo se inaugure o día 1 de xulio de 1885, catro anos máis tarde da publicación da obra de Rosalía, se cadra tivo bastante que ver a ambientación da obra e o entorno no que se acha: un bosque cheo de castiñeiros e carballos con abundante vexetación e co río Sar como vivificador de toda esa beleza teñan moito que ver á hora de elixir ese lugar como localización ideal impulsada polo cardeal Payá e operado polo cabido da Catedral, sendo o primeiro psiquiátrico de toda Galiza o que tamén fora mosteiro bieito de monxes de Santa María de Conxo.

"El Primer Loco" arguméntase na "Quinta Abacial" porque "el que de esta suerte hablaba, dando a entender que el poético monasterio de Conjo (en cuyo claustro acaba de penetrar) no tan solo le pertenecía por derecho, sino que de hecho iba a ser suyo para siempre". O protagonista chamábase Luis o relator duns grandes monólogos máis que diálogos, un home elegante e de ollos claros de quen era imposible comprender, ao velo, se unha enfermidade oculta padecía ou se se achaba nunha loita consigo mesmo e con canto o rodeaba.

Se lemos a obra comprobaremos como este mosteiro era o ideal para rematar sendo un psiquiátrico porque a xente de posibles económicas vai ao convento cando a saúde dos comensais reclamaba a súa presenza, como foi o caso da amada de Luís, o da bela Berenice que adoita pasar catro ou cinco meses no mosteiro porque era un lugar idóneo para o descanso da xente de alta liñaxe, supoñendo esta permanencia da protagonista a loucura por amor de Luís, un amor medio trobadoresco ou de novela de cabalerías que aínda hoxe supón unha enfermidade que fai actual a novela de Rosalía e que ninguén debera deixar de ler porque perdura aínda 150 anos despois da súa publicación, porque o amor xamais será esquecido e as complicacións amorosas que rematan sendo enfermidades psíquicas, tampouco.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES