Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Lugo que arde

Xiz, Xulio - viernes, 26 de junio de 2026
O Arde Lucus, recreación e reflexión histórica que ven de cumprir un cuarto de século, veu poñer de novo de manifesto o desexo dos lucenses de incorporarnos á corrente que vai do "primun vivere" ao "dolce far niente".

Un ten a impresión que nunca tantos lucenses e foráneos invadiron pacificamente Lugo, para comprobar que vinte séculos despois os novos romanos e castrexos non só conviven en harmonía senón que parecen poñer en solfa traxedias e combates, nunha interminable "pax romana".

O domingo, especialmente queimador, na Mosqueira, coma un lóstrego lembrei o terrible poema de Manuel Machado no que "o cego sol, a sede e a fatiga" facían ao Campeador buscar sombra esquiva, para finalmente os seus guerreiros, cheos de "polvo, suor e ferro", seguír o infinito camiño do desterro. E admirei estes guerreiros nosos, ao servizo de todos, facendo arder nos corazóns a lembranza da Roma arcaica, ofrendándolle á cidade a festa para todos e por todos nós.

O ardente Lugo festeiro moito lles debe aos romanos e castrexos que confortan as nosas ansias de coñecemento orixinal; pola festa da historia que nos pesa na alma. Lugo arde grazas aos centos de lumes individuais, de asociacións e colexios, senadores e soldados, loitadores por unha idea que nos engaiola e enorgullece... que á vez é lembranza de derrota gloriosa e comezo da nosa historia escrita; escrita polos vencedores dos que, en definitiva, vimos todos nós.

O que arde en Lugo estes dias, áparte da extraordinaria actividade do astro Rei, é a historia que nos conmove; a lenda que nos abrasa; a vida que nos trouxo ata aquí. Gloria aos druidas do lume e da memoria!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES