Querido José Torregrosa
Campo Freire, Xaquín - martes, 30 de junio de 2026
Fuches un dos "bos e xenerosos".
A túa obra non esmorecerá e ti tampouco.
O mundo para ti e contigo foi:
bonhomía, verdade, sabedoría,
ensino, serenidade, poesía,
sentido moi fino do humor,
paz, xustiza e resistencia.
Dos que tanto mal che fixeron
e intentaron deixarte de lado,
deles, ...
ninguén se acordará.
E as súas obras non os sobreviviron.
Pero a túa mensaxe e a túa profecía ninguén a poderá apagar.
Ao seu lado, e ao teu lado,
vemos o pouquiño que valen tantos fantasmas e fantoches
que, tamén hoxe, tanto mal van sementando.
Graciñas, mestre José Torregrosa.
Un día escribiches para Cuco Ruiz de Cortázar:
"No anda sobrado el siglo para el optimismo.
La paloma de la paz, con alas quebradas y mordaza en el pico,
agoniza entre los nuevos jinetes del Apocalipsis:
la injusticia social, el conformismo, la xenofobia,
la destrucción del medio ambiente..."
"Para nuestros hijos el paisaje se ha poblado de sombras.
"Pero el ser humano es portador de valores y buscador del bien".
"Por eso hablar de luz y esperanza se ha convertido en una obligación."
E un día, ti, tamén poetizaches así:
"Pues sentimos tu aliento:
vives vivo.
En la huella fraternal de tu sonrisa,
en la luz de tu camino que se irisa,
iluminando paz, rama de olivo..."
Iso fuches, sempre seguirás sendo ti, amigo Torregrosa.
Que sorte para nós terte coñecido!
e participar da túa eximia bondade.
Unha aperta agradecida para os teus.
Grazas á túa familia, aos de antes e aos de agora.
E moita amizade para cantos loitan no mundo polas causas xustas.
Son elas e eles quen manteñen o mundo en pé.
Supoño que algún día teremos oportunidade
de celebrar a túa perenne e imperecedoira presenza.
Alí estaremos para recoller e potenciar o teu testemuño.
Xaquín Campo Freire. Narón, 20-06-2026.

Campo Freire, Xaquín
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora