Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Itinerancias da música angolana de Chalo Correia

García, Xosé Lois - lunes, 29 de junio de 2026
A presenza do dúo musical angolano, concertado por Chalo Correia e Carlos Gonçalves, na Galiza, concretamente no Auditorio Municipal de Chantada, o pasado setembro, concorreron estes dous castizos músicos desta Angola natural, ancestral na que todas as grandes causas históricas e culturais converxen na dinámica integración da antiga e sempre presente a Mai África, Itinerancias da música angolana de Chalo Correia sempre manifestada nos sons e cantares musicados da pluralidade creativa que se activada en Angola. Estamos ante un obstinado creador e exaltador de todos os xéneros da música angolana e protector do herdo cultural practicado por un sen fin de xeracións que recolleron e estimaron o amplísimo ventallo que se manifesta en todos os sons musicados do universo africano que proclama Chalo Correia. El manifesta de si mesmo, a dimensional tarefa que expón sobre as súas facetas creativas: "Hoje... hoje, decidi sair do refugio do meu próprio "eu" para recitar o meu monólogo, divago aleatoriamente na transcendência do pensamento e crio inadvertidamente um mundo à parte quando me sinto apaixonadamente envolvido com a imaginação que paira momentaneamente sobre o centro da compreensão. Acredito que, uma vez iniciado o processo de conversação com a mente, é como se abríssemos as portas para um Mundo desconhecido em que nós só temos a capacidade de observar e receber informação que nem a nossa compreensão consegue decifrar".

Os conceptos que Chalo manifesta sobre a creación musical, nun sentido amplo, no seu libro de poesía mesturado con relatos e outros aconteceres da actualidade innovadora que invoca no seu libro: "Deambulaões de un Calu". Nesta entrega editorial, o seu autor alimenta os seus poemas cunha crítica de desenlaces fatais que trouxo a universal pandemia que todos padecemos, na que o lamento modifica os sentimentos deste autor, advirtindo: "Os corvos aparecem como um símbolo representativo de uma clase dominante e privilegiada. O corvo usa a astúcia e a artimanha, como é por natureza dissimulado, na sua apariência detomamos-lhe uma frieza intrínsica que alude o seu poder de encantamento".

Sirvan varias consideracións biográficas para o contentamento do lector: Chalo Correia naceu en Luanda en 1968, criado nos muceques Marçal e Sambizanga (dous barrios suburbanos á volta da cidade de Luanda, ocupados por unha poboación de deficientes recursos económicos. Etimoloxicamente procede do quimbundo: Itinerancias da música angolana de Chalo Correia mu seke: "lugar areoso", con barracas de pau e lata). O Chalo é un sobresaínte cantor, compositor, guitarrista e letrista, emigrado a Portugal na década de 1990; enorme divulgador do Semba e do Kizomba, este último considerado herdeiro do Semba, xénero musical e danza tradicional angolano. A palabra "ombigada", en quimbundo, refírese ao contacto de dous danzantes que axuntan os seus embigos, nunha insinuación copuladora.

O Semba foi introducido no Brasil por escravos procedentes da Angola colonizada. O Samba brasileiro lexitima o herdo procedente do Semba. O Semba angolano está recoñecido como patrimonio inmaterial da humanidade. É considerado o pai do Kizomba e de outros grandes cánticos e danzas solemnizados polos ecos da batucada.

Nesta lexitimidade ancestral angolana, moveméntase Chalo Correia, pesquisador da música tradicional e oral en súa relación cos chamados "mais vellos", fieis transmisores da tradición oral, na que se compón a viaxe sonora deste compositor e músico que se debruza nos ritmos sonoros que flúen en Luanda e outras dimensións de Angola, como son o Semba, Kizomba, Kazukuta, Muzongo, Rebita e Rumba Angolana, son ritmos que Chalo Correia administra e espalla, como elementos singulares en festas populares e na critica social contra as violencias e a pobreza consentida na ampla Mai África.

Un dos ilustres compañeiros nos ires e vires musicais de Correia é Carlos Gonçalves, un intelectual angolano de longas pisadas polas diversas estremeiras da cultura angolana que el representa e difunde en Portugal, durante moitos anos de residencia en Lisboa. Un intelectual de longa durada xornalística, concretamente no xornalismo radiofónico, que comezou en 1983 en Angola, de fluídas experiencias no mundo da comunicación. Correspondente em Portugal da Rádio Nacional de Angola e coloaborador da RTP Rádio África, na que leva sete anos no programa: "Café Central". Tendo manifestado magnánimas experiencias no xornalismo cultural, como oficial de información da CPLP. Sendo director de comunicación nos gobernos provinciais do Zaire e Luanda. Foi director de "Conteudos" do maior grupo de media privada de Angola, a Media Nova.

Carlos Gonçalves acompaña a Chalo Correia en diversos actos musicais de elevada consideración da música mater angolana, revelando esa idiosincrasia espiritual que concentran os ritmos máis sorprendentes de acentos tradicionais, dos ritmos angolanos como son o Semba e o Kizonba, sublimes himnarios da música e a danza angolana. Carlos Gonçalves acompaña en ocasións a Chalo Correia con un instrumento moi simples e emisor de suculentos ecos que impresionaron no Auditorio chantadés, trátase dun instrumento chamado Dikanza. Que o propio Carlos Gonçalves resolve na seguinte e breve descrición: "Dikanza. É um instrumento musical milenar da família dos idiofones de frição, tradicional da região bantu. É cavado em bordão com caixa de ressonância e ranhuras em escala que fazem lembrar o seu primo Reco-Reco muito usado nas Américas em madeira ou metal. Também existe em Bambu. A vareta de suporte cháma-se dixikilo".
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES