Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 25 de junio de 2026
O rumor da quietude

Solicitei o pago dos quince ou vinte minutos que lle dediquei ao silencio. O silencio é bonito, sempre foi fermoso, pero, para un laretas coma un servidor, é complicado manterse calado.
Dicía Confucio que o silencio é o único amigo que xamais traizoa. E o ruído? Este tampouco traizoa. Onde estea o ruído do mar, dunha cascada, dunha fervenza... ía dicir que desaparecese o silencio, Pingas de Orballo pero non: poden compaxinarse, xunguirse nunha harmonía marabillosa. A proba téñoa en calquera fervenza, na do río Gorgua, por exemplo, onde o ruído e o silencio convivían nunha soidade espléndida cun ruxerruxe celestial, máxico, caralludo.
Silencio e ruído, ruído e silencio. E que a nostalxia se suba á Perla Negra para sucar os mares da existencia. E que a morriña sente á beira dun palleiro para imaxinar sen ver unha figura diante dun espello. Agora, que cada quen se ilusione co verso libre do poema.
Dedicarlle tempo ao silencio debería ser gratis. Xa estou algo arrepentido de solicitar tal pago. Non hai como a soidade ben levada, adobiada con algúns segundos de rebumbio. O bulicio, o rumor agarrado ao instante da quietude, da calma -e en silencio- é como bailar unha muiñeira sen pandeireta nin tamboril. Agora, que cada quen asubíe, ás doce da noite, un tema de Ennio Morricone.
O silencio é a gran arte da conversación, aseguraba o humanista William Hazlitt. Certo. Só o silencio é quen de dicir algo sen facer ruído. Silencio e ruído, ruído e silencio; definitivamente, non teñen prezo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES