Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fusións e supresións

jueves, 10 de diciembre de 2009
Nestes tempos nos que cando se fala de fusión só se pensa nas dúas caixas de aforros galegas, outras fusións poden estar en estudio ou evidenciarse necesarias dada a situación actual e os rumbos que toman os movementos de poboación e a evolución desta.

Falando de fusións hai que analisar a situación dos concellos galegos, trescentos quince na actualidade, número que pode verse modificado polas esixencias económicas das respectivas institucións.

Nestes momentos, en que xa hai concellos -e non son dos máis pequenos- que non van poder pagar ós seus empregados a extraordinaria de Nadal, e que teñen importantes problemas de tesourería, hai circunscricións cunha poboación tan pequena e en declive que en moi poucos anos vanse ver imposibilitados para soster os servizos mínimos esixibles.

Na actualidade, algúns concellos xa manteñen secretario compartido para poder afrontar os elevados custos destes fundamentais funcionarios de corpos nacionais que garanten o funcionamento legal das corporacións, ou contratan profesionais arquitectos ou aparelladores por obra ou xornada parcial para poder manter estes servizos.

No futuro, aínda que o tema repugne ó municipalismo, haberá que fusionar concellos, fortalecer as mancomunidades e compartir servizos e persoal para conseguir que o sistema perviva. Despois de que as grandes cidades -Vigo é quizais o mellor exemplo- absorberan os concellos do seu contorno, non se deu ningún avance neste sentido, pero a tendencia actual de incremento dos servizos municipais e o despoboamento das zonas do rural impoñerán moi axiña a súa Lei.

Algo parecido sucede na Igrexa aínda que por distintas causas, e as dioceses están reducindo os seus arciprestádegos, tanto polo despoboamento do rural como pola escaseza de vocacións relixiosas. E en Santiago pasarán de 48 a 37, en Lugo de 28 a 14, e en Mondoñedo xa pasaron de 17 a 7.

Nun tempo de comunicacións inmediatas coma o noso, de facilidade de desprazamentos, de diminución das distancias, e de abandono do rural, a concentración parece impoñerse. A menos que consigamos que a corrente se invirta, e o rural volva cobrar vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania