'Cereixas de Beade, Doce sono feito realidade'
Pol, Pepe - viernes, 26 de junio de 2026
Texto do Pregón XXXIX Festa da Cereixa de Beade, Vigo 2026.
Bo día, señor Alcalde de Vigo, D. Abel, concelleiros da corporación da fermosa e universal cidade olívica, faro intercultural do orbe. Señor D. Antonio, presidente desta asociación cultural, e a todos os membros deste colectivo asi coma aos veciños de Santo Estevo de Beade e a aquelas persoas que comparten este día nesta señera data. É unha honra para os pobos ter unha parroquia que conta cunha asociación de veciños que organiza ao longo do ano múltiples e variadas actividades abertas a todas as idades e público en xeral. Un colectivo inclusivo e empático.
Este amigo das cereixas agradece ser invitado a este evento, estar nesta grandiosa bisbarra pontevedresa onde ante os nosos abraiados ollos aparece a ría viguesa e todo a cidade. A miña presenza eiqui é dun singular peregrino que admira a cereixa, como outro colleiteiro deste froito que adoro porque é un referente para esta contorna. Veño ata Beade porque o considero un singular templo natural onde crecen as cerdeiras. Loubar desexo a prantas tan grandiosas sempre xunguidas a vida do xénero humano, dende os antergos e ancestrais períodos paleolíticos. Xa Teofrastro tiña no seu xardín, naquela culta Grecia clásica, cerdeiras e, de seguro na súa escola peripatética mentres impartía saber cos seus moitos alumnos non deixaban de ir saboreando Kerasos, como chamaban a estas froitas Quixera ser merlo o malvís para cantar as excelencias e a dozura natural destas picotas que son un riqueza e unha xoia natural e gastronómica de Vigo e, dun xeito especial deste o seu berce, Beade, paraxe idóneo polas súas características naturais para que esa árbore estea eiqui arraigada. Se Vigo adquiriu notoria e merecida fama coas súas luces de Nadal tamén durante a primavera prodúcense outro encendido moi natural, son as frores brancas das cerdeiras e logo na plena estación polo mes de maio as lucecitas vermellas que atiborran a árbore, esas cereixas. Vigo é luz e as cerdeiras poñen a luminosidade roxa natural por natureza. Pola súa banda na Roma clásica Plinio O Vello aseguraba que a chegada dos cereixos a Galicia foi debida ao Licinio Lúculo, cónsul romano.
Beatus sexa sempre Beade onde feliz están as súas xentes porque a carón seu están as cerdeiras. Dende o século pasado teño coñecemento da existencia desta festa para loar as cereixas. Proba diso é que cando traballaba de corresponsal de Antena 3 no Barco de Valdeorras, Ourense, adiquei na miña columna semanal na Voz de Galicia de Ourense, pola primavera do 1994, unhas verbas a esta gastronómica festa para poñela de exemplo e que o concello quirogués organizara imitando esta grandiosa iniciativa unha Feira da Cereixa en Montefurado , parroquia quiroguesa onde abundan estas prantas. Algúns produtores daquela zona luguesa trouxeron cereixas a esta festa onde foron distinguidas pola súa calidade. Por sorte seis anos despois o concello veciño de Ribas do Sil organizou unha que ano tras ano fai posible que colleiteiros daquela bisbarra espoñan as cereixas deste Val de Quiroga. Precisamente cumpre este evento de Beade trinta e nove anos, e segue cada edición cos maiores folgos e pulos. Temos que dar os nosos parabéns a estes veciños, a súa xunta directiva e ao concello de Vigo por proporcionar enerxía vital para cas luces das cerdeiras, que brillan de xeito moi especial neste fin de semana, prosigan acesas para orgullo desta parroquia viguesa que poderíamos denominar como "Beade, terra e mar, onde as cereixas teñen o seu preferido lar". Este servidor, de raíces galegas e andaluzas, leva afincado e casado nesta abraiante Galicia os mesmos anos que ten esta festa cereixeira, lonxe do seu lembrado recuncho natal, o Campo de Xibraltar en Cádiz. Fun recibido no lugar de Montefurado nun mes de Abril de 1987 coas cerdeiras florecidas. ¡Qué estampa! Non hai verbas para describir a fror alba que fai de Beade e dos lugares da Ribeira Sacra, Quiroga, Ribas do Sil, pola cunca do río Sil, e pola ribeira do Miño, Belesar e as terras de Chantada, contornas abraiantes. Parecen eses dous ríos polas de auga, ramas dun enorme cereixón grandioso, cereixón que ten o seu robusto tronco en Beade.
Cereixas picotas, aos raparigos facedes gozar facendo trasnadas por conseguir saborear ese pendurado doce, esa lambetada natural que é a cereixa. Aos de máis idade, ese atractivo destas froitas, rexuvenece e fai sentirnos cativos porque son singulares e trae a nosa memoria aqueles anos, esa tamén dourada infancia. Beade e os seus lugares é un paradiso natural onde medra a froita máis provocadora porque ese cor avermellado fai que parezan as meixelas dunha moza casadeira que amosa timidez e recato pero rebosa sensualidade e beleza portentosa, buscando o bico deses beizos que saborean ao mesmo ceo co bocado da que da primavera é verdadeira raíña.
Esa estación do ano non pode ser concebida sen as frores dunha cerdeira e sen as tentadoras cereixas.
Veñan a Beade en calquera data pero, por favor, se desexan catar o seu mellor sabor, faganno nestas fechas e cando degusten unhas picotas de seguro que queran levarse uns kilos para que o sabor natural da terra viguesa inunde os vosos fogares. E tamén lembrade, quen doutros puntos de Galicia e España visita esta festa repite ano tras ano porque queda abraiado de cereixas collidas co agarimo máis grande porque ben saben os cereixeros ca súa recolección ten que ser co debido respeto a esa árbore para non facer anacos eses brazos naturais por querer coller unas cereixiñas. Respeto a esa milenaria pranta e tamén as cereixas que deben ir co seu rabito íntegro e sempre sequiñas e nunca molladas . O sabor destas collidas pola nosa man na árbore é a guinda da tarta máis doce , e a todas horas exquisito postre. Beade hoxe é a mesa que Vigo ofrece a todos os visitantes porque na hospitalidade Vigo é capitalidade.
As cereixas de Beade / a boa vecindade e a gloria saben/ porque, señoras e señores/ , todo o que en Vigo nace / leva no seu sangue/ o zume da cereixa amante/ Esta fermosa e histórica ría/ e as súas cerdeiras dan a cor a viguesa vida/.
Viva Beade, soño feito realidade!/
E vivan as súas picotas ca nosa existencia fannos feliz de verdade!
Parabéns a estos veciños de Beade e ao concello de Vigo por homenaxear con esta festa as benditas cereixas que son singulares embaixadoras desta pontevedresa terra cando marchan en caixiñas a outras bisbarras.
A degustar cereixas e gozar deste festivo evento do que os mellores mensaxeiros, os ventos, zoando por terra e mar ao mundo berran:
"Ai vai a garabuña da cereixa de Beade, semente valiosísima, e eiqui os agardan elas para dar dozura as bocas e facer aflorar os sentimentos de irmandade entre os pobos!" .
A Vivir a festa! Noraboa aos cereixeiros, estes veciños, e as cerdeiras que fan que Beade sexa unha parroquia singular, exemplo para o noso rural e para calquera cidade.

Pol, Pepe