Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estación de buses da Coruña

Cabada Castro, Manuel - miércoles, 24 de junio de 2026
Levo días e días indo e vindo durante varias semanas á estación de buses da Coruña dende que Renfe -a miña Renfe- me comunicou que suspendería os seus servizos durante case toda a primeira semana do próximo mes de xullo para así poñer a punto determinadas estruturas das vías ferroviarias. Ben seguro que é pura casualidade a coincidencia case exacta destes días sen servizo coa celebración do ben coñecido acontecemento festivo, de interese turístico internacional, da Rapa das Bestas de Sabucedo. De Renfe comunicáranme que non habería problemas, comentándome que na devandita estación dos autobuses me atenderían como é debido. Foi así como, con ánimo e esperanza, alá fun. Mais o meu abraio ante o alí atopado segue vivo. Pensei varias veces que me equivocaría, pois o que alí vin e continúo a ver, cando volvo aínda por alí non sei se inocente ou teimudamente, é algo así como un hangar ou unha vella nave industrial case baleiros onde poucos e estraños viandantes deambulan case tan desorientados coma min na busca sen esperanza de atopar alguén que nalgún dos escasos portelos existentes te atenda e xestione a viaxe programada. Con boa sorte poderás albiscar nalgunha contada ocasión que alguén dende o lado interior dalgún dos escasos portelos semellaría querer atenderte, mais non tardará en che dicir que veñas outro día, pois agora xustamente ten que marchar para atender os viaxeiros da planta baixa... Esta indiferenza e desleixo descolócanme absolutamente! Quo usque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?, dicía o gran Cicerón na súa primeira Catilinaria. Ata cando abusarás, Catilina, da nosa paciencia?
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES